| Sábado 7 de setembro. 2019
| Ás 21:30 h.
| Varanda da Igrexa de Santa María do Porriño » ver mapa
Presentación do novo videoclip e concerto acústico
Xoana presenta o seu novo videoclip, “Aliado”, canción que está incluida no seu primeiro disco Dardos. Este traballo caracterízase pola variedade de estilos musicais que o compoñen e que amosan a versatilidade da nova cantante galega. Como mostra deste interese na busca de novas visións e de diferentes ideas, chega “Aliado”, un videoclip completamente diferente ó de “Mártires”, co que se estreou no mundo da música. “Aliado” vén cargado de positividade, divertimento, sorrisos e, sobre todo, da enerxía que os 20 anos lle prestan a Xoana.