Concerto: Oîma

CANCELADO DEBIDO ÁS PREVISIÓNS CLIMATOLÓXICAS ADVERSAS

Luns 12 de xullo. 2021
| Ás 13:00 h.
Praza de San Bieito » ver mapa

Concerto: Oîma. SAN BIEITO 2021

Evento incluído na programación das festas de San Bieito 2021


Oîma é un trío de músicas para baile de tradición galega e europea formado por Antía Ameixeiras (violín), Olalla Liñares (clarinete) e Martiño Senande (acordeón diatónico).

Oîma é unha proposta musical concibida tanto para escoitar como para botarse a bailar. A través deses tres instrumentos achégannos música tradicional e tamén de composición propia, ligando os ritmos galegos (muiñeira, xota, pasodobre, valse) cos doutras latitudes (chapeloise, scottish, bourrée, rachenitsa). Xuntáronse no 2015 e desde aquela pisaron unha chea de escenarios, tanto en formato concerto como en formato balfolk, pero non foi até Decembro de 2019 que editaron o seu primeiro disco, “Ala!”, unha viaxe no tempo e no espazo, unha reivindicación da música instrumental

Antes de chegar aquí estiveron en moitos lugares, moitas veces. Os mapas e os calendarios fan parte da música. Son dun tempo que vive doutros tempos, coma tódolos tempos. Tamén saben ben de onde son. Fan música instrumental. Identifícanse con eses contextos nos que o esencial é o secundario. Cando se pon o foco no fondo, no acompañamento, no recheo. Reivindican a identidade de todos eses elementos que “non significan nada”. Ai!, boh!, uf… Traen consigo 12 pezas para un ano, que non teñen letra, pero din. E ala, xa está, chegans.

Foron finalistas a mellor banda de músicas do mundo nos Premiso Martín Códax da Música 2020.



Concerto: Oîma. SAN BIEITO 2021


PROGRAMACIÓN FESTAS DE SAN BIEITO 2021


Festas de San Bieito 2021


Cabecera-web-ecultura.png