Concerto: Orquestra de Cámara Galega

| Domingo 15 de setembro. 2024
| Ás 20:00 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Concerto: Orquestra de Cámara Galega

A Orquestra de Cámara Galega cumpre cun ambicioso plan de difusión, incluíndo repertorios novos e creación de novos públicos. A súa excelencia interpretativa permítelle abarcar un amplo repertorio, desde o barroco ata os nosos días, asumindo o compromiso de dar a coñecer a música de compositores galegos , cunha especial mención á obra do compositor Rogelio Groba Groba.

A Orquestra de Cámara Galega colabora con solistas de prestixio internacional como Teresa Berganza, Ara Malikian, Juan de Udaeta, José Ramón Méndez, José Núñez, José Luis Estellés, entre outros. Asímismo, se instituye como orquestra residente do “Festival Groba”, celebrado anualmente en Ponteareas e polo que pasaron notables artistas como o violonchelista noruegués Oyvind Gimse, a violinista coreana Jin Joo Le , Guillermo Figueroa, o flautista André Cebrián, o trompista David Fernández ou Esteban Batallán, trompetista principal da Orquestra Sinfónica de Chicago.

A OCGA ofrece concertos nas principais salas españolas, destacando o Auditorio Reina Sofía de Madrid, Palau da Música de Barcelona, Sala Mozart do Auditorio de Zaragoza, Teatro da Real Maestranza de Sevilla, Teatro Jovellanos de Xixón, Palacio da Ópera da Coruña ou Auditorio de Galicia. A través das súas numerosas xiras actúan en Viena, “ Spanien Modern Musikfestival”, Nova York, Merkin Hall da Fundación Kaufman, Buenos Aires, Teatro Metropolitan e Holanda, Utrech, Dean bosh, Amsterdam, Middleburg e De Doelen Auditorium de Róterdan, así como en Italia, no Pazo Ducale de Xénova.

Durante 4 anos, participa do ciclo Atardeceres do Gaiás de Santiago de Compostela, cun formato orixinal e gran éxito de publico. Ademais dos concertos por territorio galego, merece ser resaltada a súa colaboración en clausúraa do XXV Festival Internacional de Música de Vila Nova de Gaia coa gran Elisabeta Matos, a produción da ópera A Traviata en Forteventura e a produción multidisciplinar con teatro e danza Don Juan no inferno, para o Teatro Colón na súa cita anual do 31 de outubro . Colabora asiduamente coa Fundación Barrié da Coruña e a Fundación Niemeyer, en Avilés.

Unha das súas principais dedicacións, é a difusión de obra musical a través da gravación dos seus dez discos ,así como rexistros en directo para TVE, RTVG e Radio Clásica. Cabe destacar o seu primeiro disco con música de Rakov, Elgar, Groba e Groba Otero, cualificado con 5 estrelas pola revista Amadeus; monográfico do compositor R. Groba no selo Autor; dobre CD editado polo Centro de Documentación Musical da Junta de Andalucía co selo Alma Vivo coa primeira gravación mundial da ópera Don Quixote, no Teatro da Maestranza de Sevilla; recompilatorios de música de Rogelio Groba para libros-discos editados por Edicións Xeráis (“Meditaciones en blanco y negro”) e por Editorial Galaxia (“Diabolus in musica”); monográfico da obra romántico jazzística do pianista, compositor e escritor, Quinito Mourelle, arranxado polo saxofonista e clarinetista Roberto Somoza; a primeira gravación mundial da obra “Polas rúas de Ponteareas” e “As rúas do vento ceibe”, de R. Groba, en colaboración co Coro de Cámara de Pamplona, estrea mundial da Cantata inspirada no poema homónimo do poeta lucense Manuel María.

No ano 2020 a Fundación Rogelio Groba edita dous discos máis. De novo co Coro de Cámara de Pamplona interpretando a cantata para coro e orquestra “Rosalía na Catedral” e o último, rexistro do concerto homenaxe celebrado con motivo do 90 aniversario do mestre Groba no Teatro Colón da Coruña.



Cartel Festas do Cristo 2024


Cabecera-web-ecultura.png