Concerto: Os Coribantes

| Venres 22 de setembro. 2023
| Ás 22:00 h.
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Concerto: Os Coribantes

A Banda de Gaita e Baile “Os Coribantes” nace no ano 2005 nun pequeno pobo chamado Buchabade, do Concello de Ponte Caldelas (Pontevedra). Está formada na maioría por rapaces e rapazas de distintas idades e de varios concellos limítrofes da Comarca de Pontevedra: A Lama, Cotobade, Pontevedra e por suposto de Ponte Caldelas.

E música e baile tradicional, ainda que se poden realizar  distintas formas de actuación: Tradicional con baile, ou en  concerto. Sendo esta última a forma mais  diferenciada do resto de bandas. Xa que aparte de presentarse cun formato más folk con instrumentos tradicionais como gaitas, tambores e pandeiretas, tamén se utilizan outros mais de outras culturas como guitarra española, guitarra acústica, baixo, violín, batería, congas, bongós, acordeón, saxos, trompetas, etc, incluso voces en algunha canción.

O número de músicos no escenario está entre 40 e 50 , dependendo da data e outras circunstancias. Na actualidade son cerca dos 100 os compoñentes entre banda e iniciación. Con clases de baile (para iniciación e maiores), instrumentos (iniciación, banda), canto e por suposto banda.



Concerto: Os Coribantes


Cabecera-web-ecultura.png