Concerto presentación VI Montando Cristo Festival: Bakintaun, A Thin Lizzy Tribute

| Xoves 26 de setembro. 2019
| Ás 22:00 h.
Parque do Cristo » ver mapa

Montando Cristo Festival 2019


Montando Cristo Festival nace en 2014 co propósito de non perder a musica en directo en Porriño, con bandas de diversos estilos este ano chega á súa sexta edición … Moita caña, moito ROCK e como sempre … EN DIRECTO!!

Máis información sobre Montando Cristo Festival, no seu perfil de Facebook » ligazón externa


Concerto presentación VI Montando Cristo Festival: Bakintaun, A Thin Lizzy Tribute

Bakintaun, A Thin Lizzy Tribute

Bakintaun son a “previa” do VI Montando Cristo Festival e se falamos de Bakintaun, debemos falar tamén de Thin Lizzy, unha das bandas máis importantes da historia do rock e que, inexplicablemente, non foi tratada como se merece polo gran público. Por iso, os cinco integrantes de  Bakintaun Thin Lizzy Experience, Manu  EDS (voz), Iván  Fornos (Guitarra), Rafael Paso (Guitarra), Javi Franco (Baixo) e Adrián Salgado (Batería) buscan, desde o respecto e a admiración, render tributo a unha das bandas co selo máis persoal da historia do rock  and  roll.

O obxectivo é pasalo ben e facer gozar á xente do legado musical de  Thin  Lizzy.



Concerto presentación VI Montando Cristo Festival: Bakintaun, A Thin Lizzy Tribute


VI Montando Cristo Festival


Cabecera-web-ecultura.png