| Sábado 19 de setembro. 2026
| Ás 20:00 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

A música abarca unha inmensa variedade de tonalidades, modos e texturas que nos acompañan durante toda a nosa vida. A convivencia de distintos estilos e estéticas reactivan as nosas capacidades de comunicación nun panorama no que a música cohabita múltiples espazos.
Esta proposta resulta da combinación entre as músicas máis clásicas e outras cun marcado carácter tradicional ou popular, onde o saxofón e a guitarra articulan unha experiencia rítmica e melódica a través dun heteroxéneo repertorio. Unha atmosfera suxestiva que demostran as posibilidades expresivas de dous instrumentos musicais: o saxofón e a guitarra xunto aos recursos electrónicos.
Este dúo está integrado por Rafael Yebra (saxofones) e Oswaldo Oro (guitarras), dous músicos galegos cunha ampla traxectoria artística e docente. Forman parte dunha ampla variedade de agrupacións que abarca diversas estéticas: música clásica, contemporánea, jazz, pop ou rock, entre outros. Presentaron proxectos en ciclos e festivais por todo o continente europeo, en cidades como Vigo, A Coruña, Madrid, Barcelona, Sevilla, Alacante, Berlín, Hamburgo, Tirana, París, Roma etc.

