Concerto: Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense

| Domingo 22 de setembro. 2024
| Ás 19:30 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Concerto: Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense

A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense constitúe a máxima expresión artística dos que estudan os segredos da gaita na Escola Provincial de Gaitas.

Ademais de ser unha canle para os alumnos da Escola de gaitas, a Real Banda pretende difundir e prestixiar a gaita como instrumento senlleiro nacional de Galicia, levando o espírito deste pobo a tódolos currunchos do planeta; tal é o que se plantexa o seu fundador e director, Xosé Lois Foxo. O seu recoñecemento é tan universal coma a verba mesma, levando a súa música e a súa maxia aos máis dispares lugares do mundo, sendo boa mostra delo as numerosas distincións acadadas.

Dende o punto de vista musical, a Real Banda é unha formación musical sen precedentes, conseguindo cotas sinfónicas e combinacións gaitísticas totalmente renovadoras no mundo das gaitas; todo elo derivado do emprego de tres variantes da gaita galega, a saber: Gaitas en Si bemol, gaitas de ‘barquín’ (soplo mecánico), afinadas en fa agudo e fa grave, así coma unha sección de percusión formada por redobrantes de alta tensión, tambores tenores, bombos, pandeiretas e terrañolas. En desfile é precedida dunha sección de bastóns de mando. Nas súas actuacións en concerto soe actuar a súa sección de ‘Cantareiras’.

A Real Banda vai ataviada cos clásicos traxes galegos de gala do século XVIII; lucindo, en ocasións especiais, o vello traxe tudense de orixe medieval. O seu repertorio está constituído polas melodías máis representativas da tradición musical de Galicia e países da área céltica, completándose o seu vasto bagaxe de obras con melodías de distintas culturas do mundo.

Podemos afirmar que a Real Banda é unha formación sinfónica de gaitas, única no mundo na súa composición e formas, empregando a disciplina como constante referente nas súas actuacións, o que inspira e transmite ó espectador a simpatía e atractivo dunha xuventude que, coa súa mensaxe, achega aos distintos pobos.



Cartel Festas do Cristo 2024


Cabecera-web-ecultura.png