ACTUALIZACIÓN: cambio de localización por previsión meteorolóxica adversa
| Xoves 26 de setembro. 2024
| Ás 20:00 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios Praza do Cristo » ver mapa
Un auténtico virtuoso da trompeta, cunha musicalidade, naturalidade, calidade sonora, sentido rítmico e expresividade fóra do común, a vida musical de Rubén Simeó estivo sempre inspirada pola figura do gran Maurice André a quen coñeceu con 8 anos cando gañou o Concurso Ciudad de Benidorm onde André presidía o xurado.
Nacido en Vigo en 1992, en xullo de 2005 con tan só 13 anos, Rubén é convidado por Maurice André á Semana Internacional da Trompeta celebrada en Bordeus (Francia) con gran éxito de crítica e público.
No 2006 tras ser laureado no Maurice André Competition de París á idade de 14 anos, Rubén Simeó acababa de confirmar as súas facultades excepcionais coa trompeta, o que lle levaría a gañar concursos por toda Europa sendo sempre o vencedor máis novo en todas as edicións.
En 2008 actúa no Auditorio de Lille xunto a Maurice André e o trombonista Michel Becquet nun concerto transmitido pola Radio e a Televisión Francesa.
Para Maurice André a figura de Rubén foi un descubrimento, cunhas condicións técnicas excepcionais, inauditas para a súa temperá idade.
O seu talento levoulle a actuar como solista á idade de 12 anos no Concerto de Nadal da Orquestra da RTVE dirixido por Adrian Leaper, e a participar en innumerables programas de radio e televisión de España (TVE, Antena3, Cuatro, Radio Clásica) e do resto do mundo incluíndo Radio France, TV Italiana, Tokyo TV, Beijing TV ou Armenian TV. A esa mesma idade gravou o seu primeiro disco «Ensueño», presentado nunha ampla xira de concertos por España e Portugal.
En 2005, con tan só 13 anos, recibe en Stuttgart (Alemaña) o Premio Europeo da Cultura como recoñecemento á súa brillante carreira.
Rubén Simeó actúa regularmente con grandes orquestras como RTVE, Orquestra de Valencia, Orquestra Sinfónica de Galicia, Filarmónica de Málaga, Sinfónica de Illes Balears en España, así como Múnic ou Stuttgart en Alemaña, París, Filarmónica Nantes ou Filarmónica de Cannes en Francia, Metropolitana de Lisboa ou Viana do Castelo en Portugal, Roma, Sinfónica de Porcia, Emile Romagne en Italia, Heredia e San José en Costa Rica, Sinfónica de San Cristóbal e Caracas en Venezuela ou Beijing en China ou Sinfónica de Kanazawa en Xapón.
Tamén actuou con grandes Bandas Sinfónicas como: Comunidad de Madrid, Municipal de Palma de Mallorca, Municipal de Coruña, de Santiago, Banda Municipal de Valencia en España, Garde Republicaine Paris, Nantes ou Bordeus en Francia, Stuttgart ou Berlín en Alemaña, Viana do Castelo, B. Sinf. O Porto en Portuga, Roma, Sicilia en Italia, Istambul (Turquía), Siena Wind Tokio en Xapón, Beijin (China), Costa Rica, Perú, Ecuador ou Venezuela.
Gravou varios discos, editados por todo o mundo, co selo discográfico “Avex Classics”, coa Siena Wind Tokio, Orquestra Sinfónica de Kanazawa (Xapón), con Bandas Sinfónicas varias, orquestras de cámara, piano, órgano barroco… así como co pianista Antonio Morant con quen forma o dúo “Simant”, co que gravou discos con artistas como Arturo Sandoval ou A violinista Ara Malikian, entre outros.
Precisamente, con este dúo “Simant”, realiza concertos periódicos semanais por todo o mundo, actuando en grandes auditorios e cidades, con gran éxito de crítica musical e público.
É requirida a súa participación como xurado e solista en Concursos Internacionais, como o “Internacional Trumpet Guild” celebrado en Pensilvania en 2009, “National Trumpet Competition”, celebrado en Denver, onde actuou acompañado de “United States Air Force Academy Band” e Canadian Brass, Concurso Internacional Maurice Andre, en Paris…., outros en Valencia, Sevilla (en Portugal celébrase anualmente o Concurso Internacional dedicado á súa proxección artística ̈”Rubén Simeó”), así como en concursos televisivos, como o programa de TVE “Prodigios”.
Son numerosos os compositores que lle dedicaron obras, o último o trompetista Arturo Sandoval dedicoulle o seu concerto para trompeta e orquestra, estreado por Rubén en varias xiras por distintos países, actuando ambos os trompetistas conxuntamente.
Rubén Simeó alterna a súa actividade concertista como solista e co dúo “Simant” coa pedagoxía impartindo periodicamente cursos e clases maxistrais por distintos países do mundo como España ou Portugal.