| Sábado 1 de xullo. 2023
| Ás 21:00 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios (Origen Café) » ver mapa

Organiza: Origen Café | Colabora: Concello do Porriño
Samuel Leví comeza na música en 1997, estudando guitarra no Conservatorio Mayeusis de Vigo e facendo os seus primeiros concertos deixando claras as súas influencias como Pedro Guerra, Silvio Rodríguez ou Luís Eduardo Aute. Márchase a Madrid con 20 anos e prepara “Con mis propias manos“, unha maqueta artesanal que recibiu boas críticas por tratarse dun traballo moi ecléctico e próximo, afastado do comercial e os canons da industria discográfica.
En xuño de 2004 lanza o seu primeiro disco “Turno de noche“, un traballo autoeditado, sen contratos discográficos, que demostrou o carácter independente e libre do artista. No 2010 encérrase a gravar o seu segundo disco; “Y tú más!”, no que colaborarán Los niños perdidos, un bo número de músicos e artistas amigos seus.
Titulado Técnico Profesional de Música na Escola de Música de Buenos Aires e premiado coa bolsa MAEC-AEDID por Real Academia de España en Roma no 2015, o que o leva a trasladarse Italia e permítelle gravar nos Forward Studios de Roma o seu terceiro disco “Todos los caminos conducen a Roma“.

