Concerto: Sergio de Miguel

| Domingo 27 de agosto. 2023
| Ás 21:00 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Concerto: Sergio de Miguel

Organizan: Concello do Porriño e The Classic Coffe & Beer


Sergio de Miguel é un pianista e compositor de Vigo, residente en Boston (USA). Sergio recibiu premios internacionais como o «Best Small Jazz Combo» nos 2023 Downbeat Magazine Awards (Sergio de Miguel Septet) e nos 2022 Downbeat Magazine Awards (Sergio de Miguel Trio) ou o 2022 Yamaha Young Performing Artist. Tamén recibiu o Berklee Piano Department Chair Award en 2022 e o Berklee Jazz Performance Award en 2021, do departamento de piano de Berklee College of Music. En 2019 recibiu o premio “Prodigio” da Fundación Cultural Latin Grammy da man de Emilio e Gloria Estefan.

Sergio tocou en estadios e teatros como o Michelob Ultra Area (Las Vegas, NV) na 23ª Entrega Anual do Latin GRAMMY, o Teatro Wang (Boston, MA), o Agganis Area (Boston, MA) o Auditorio Emmens (Indianapolis, IN) ou a Academia Latina da Gravación (Miami, FL). Tamén se presentou en salas e locais de jazz en Estados Unidos e España como Wally’s Cafe, The Beehive, Rede Room Cafe, Oliver Colvin Hall, Berklee Performance Center, Vitruvia Café, A Casa de Arriba ou en festivais como Imaxinasons, CanJazz ou NigránJazz.

Sergio se graduó de Berklee College of Music (Boston, MA) cun dobre grao en interpretación de piano e composición de bandas sonoras cunha bolsa de matrícula completa, xa que recibiu o premio “Prodigio” da Fundación Cultural Latin Grammy 2019. Estudou con músicos de jazz internacionais e profesores como Kenny Barron, Aaron Parks, Fred Hersch, Harold López-Nussa, Billy Childs, Vadim Neselovskyi, Alain Mallet, Maxim Lubarsky, Nando Michelin, Ariel Brínguez, Reinier Elizalde “El Negrón“, Kevin Harris, Zahili González ou Robert Christopherson e músicos españois como Abe Rábade, Xosé Miguélez ou Toni Belenguer.

En abril de 2023 publica o seu primeiro disco «Atlántida» onde fusiona a música tradicional galega co flamenco, o jazz, as músicas do mundo e elementos compositivos da música clásica e contemporánea. Unha das principais características deste proxecto é a súa diversidade cultural xa que non só presenta estas influencias senón que conta co talento de músicos de España, Estados Unidos, República Dominicana, Bulgaria, Colombia, Xapón, Cuba ou Brasil; músicos que achegan a súa esencia ao proxecto e fan que teña un son único.

No seu anterior e primeiro EP “Espirales” (2020), Sergio fusiona as súas raíces galegas e españolas coa música do mundo, a harmonía do jazz tradicional e moderno. Neste proxecto a improvisación adquire gran importancia e explóranse novas texturas e cores, novas formas de achegarse ao trío de jazz, combinando as diferentes características e tesituras de cada instrumento.



Concerto: Sergio de Miguel


Cabecera-web-ecultura.png