| Sábado 26 de setembro. 2026
| Ás 20:30 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Patrocina: Deputación de Pontevedra
Espectáculo de música folk e rock a cargo do Bruxo Queiman no marco do circuíto cultural Son Verán. “Queiman Folk-Rock” terá lugar na praza Arquitecto Antonio Palacios, a partir das 20:30 horas.
O espectáculo “Queiman Folk”, que mestura música rock e folk cunha aposta escénica, é unha creación artística única en Galicia. O Bruxo Queiman está acompañado por un equipo de músicos, cantantes e corpo de baile cunha longa traxectoria en escenarios de Galicia, Portugal e o resto do territorio nacional, que destacan pola súa capacidade para fusionar o folk celta galego coa enerxía do rock nunha proposta que combina música ao vivo, danza, teatralidade e o elemento simbólico do lume. O espectáculo nace coa vontade de representar a identidade galega contemporánea, mantendo vivas as súas tradicións a través dunha presentación moderna, dinámica e altamente emocional. A combinación de música, escenografía e parte teatral e narrada convérteno nun espectáculo singular, cun forte vínculo co territorio e unha boa mostra da cultura e tradicións galegas.

