ACTUALIZACIÓN: NOVA INCORPORACIÓN AO PROGRAMA
| Xoves 14 xullo
Xunta de Galicia | Xacobeo 21-22
5 Sentidos, Sirenas, Una foto en blanco y negro e Mariposas, serán algúns dos temas que soarán no Porriño este verán. Taburete desembarcará na vila o vindeiro 14 de xullo no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22.
Un concerto que a banda suma ao seu mapa nacional de directos deste ano, que está a agotar entradas en cada unha das súas convocatorias, e que O Porriño suma a unha programación estival que non dará tempo a aburrirse e na que o Camiño de Santiago ocupará unha especial relevancia.
“Este verán vivirase no Porriño”, asegurou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Temos moito que aportar e un pobo de luxo para disfrutalo, por iso dende a Concellería de Cultura estamos pechando xa unha proposta de actividades para todos os gustos e públicos”.