Concerto: Tanxugueiras

ACTUALIZACIÓNcambio de localización por previsión meteorolóxica adversa

| Domingo 26 de setembro. 2021
| Ás 21:00 h.
Praza Arquitecto Antonio Palacios Pavillón Municipal dos Deportes » ver mapa
| Aforo limitado

Novo circo: Espectáculo Tanxugueiras. Festas do Cristo 2021. Concello do Porriño

Incluído na programación das Festas do Cristo 2021.


Mulleres fortes, valentes e empoderadas. Cantareiras dunha nova década. As voces de Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, ateigadas de virtuosismo e contundencia, son as máximas expoñentes dunha xeración aberta á evolución e reformulación das músicas de creación colectiva galega.

Co seu primeiro álbum homónimo, publicado en 2018, o trío inicia unha traxectoria que as leva a visitar, en só 3 anos, máis de 100 escenarios de todo o planeta acompañadas polas súas pandeiretas. No 2019 chega Contrapunto, un disco que incrementa as revolucións da música galega coa reinterpretación de coplas tradicionais, ateigadas de arranxos e harmonías diversas.

Neste 2021, as cantareiras libéranse de prexuízos para consolidar a identidade dun grupo que explora con curiosidade a fusión da tradición con sonoridades urbanas e modernas. O seu último single, Midas, con influencias de sons próximos ao trap ou á electrónica, pon o foco sobre unhas artistas audaces, chamadas a levar os ritmos e a enerxía da terra por escenarios de todo o mundo.

Con máis de 50.000 reproducións en Youtube na fin de semana da súa estrea, Midas é a carta de presentación das cantareiras do século XXI.

O directo de Tanxugueiras é pura enerxía e potencia. As voces de Aida, Olaia e Sabela ligan en harmonía, naturalidade e mestría alalás, músicas e letras. Con ou sen pandeiretas, o son e forza de Tanxugueiras expándense alén do escenario para transformar o recital nunha festa. Cun repertorio que se move entre pezas íntimas e de corte tradicional con himnos que abanderan causas, o público de todas as idades goza dunha sesión vibrante, chea de momentos únicos nos que as cantareiras dan boa conta da proxección dunha formación única en Galicia.



Novo circo: Espectáculo Tanxugueiras. Festas do Cristo 2021. Concello do Porriño

Novo circo: Espectáculo Tanxugueiras. Festas do Cristo 2021. Concello do Porriño


Cartel Festas do Cristo 2021. Concello do Porriño


Cabecera-web-ecultura.png