Concerto: The Blues Moonshiners

| Domingo 11 de xullo. 2021
| Ás 21:30 h.
Praza de San Bieito » ver mapa

Concerto: The Blues Moonshiners. SAN BIEITO 2021

Evento incluído na programación das festas de San Bieito 2021


The Blues Moonshiners é un trio de Blues anello que se xesta en 2018 e no que se mesturan o estilo de blues rural, o countryblues e a música folk de raíz afroamericana dos anos 30, 40 e 50. Proxecto formado polo guitarrista e cantante Jay Doe acompañado do armonicista Ramón Figueira e o percusionista Fran Rilli. A súa música defínese como Blues anello de destilación ilegal, de aí o seu nome “Moonshiners” que fai referencia aos destiladores de whisky ilegal na América profunda. Divertida combinación musical levando o blues e o country-folk ao seu estado máis primitivo coa peculiar mestura de instrumentos da época, como a guitarra, a harmónica e os instrumentos de percusión rudimentarios.


Jay Doe

Javier Casal, deixa escapar o seu “alter ego” máis blusero co nome de Jay Doe. Versións de Robert Johnson, Jimmy Rede, Brownie McGhee, Muddy Waters, Big Bill Broonzy, Elmor James, combinándoas con temas máis populares de Clapton ou os Stones e facendo algunha incursión en temas de películas moi coñecidos pero sempre en torno ao Blues, Rithm and blues, country e escarceos co swing e jazz.


Ramón Figueira

Experimentado armonicista da escena de blues galega, compoñente, entre outros, de bandas como The Lákazans, Andhrea & the Black Cats, The Fabulous Resaca Brothers, Sábea King & The Heartbreakers.


Fran Trilli

Peculiar percusionista que se ocupa de dar ritmo ao grupo con utensilios
tan rudimentarios como a táboa de lavar (whasboard), as culleres, timbres e caixas de cartón a modo de bombo. Tamén forma parte de bandas como The Lákazans, Mad Martin Trio e Cachas & Cousin.


Concerto: The Blues Moonshiners. SAN BIEITO 2021

Concerto: The Blues Moonshiners. SAN BIEITO 2021


PROGRAMACIÓN FESTAS DE SAN BIEITO 2021


Festas de San Bieito 2021


Cabecera-web-ecultura.png