Concerto: Two In The Mirror

| Domingo 11 de xullo. 2021
| Ás 19:00 h.
Praza de San Bieito » ver mapa

Concerto: Two In The Mirror. SAN BIEITO 2021

Evento incluído na programación das festas de San Bieito 2021


Two in the Mirror é un dúo de versións Soul, Pop, Jazz e Funk; en Inglés, Castelán, Portugués, Italiano e Hebreo. Está formado por Paco Dicenta ao baixo eléctrico e efectos e Noelia Álvarez á voz. Dous artistas vigueses que comezaron a tocar xuntos o 15 de Abril de 2012 no aniversario do Estudo Torai do fotógrafo Aitor Nova. Desde entón o dúo percorreu escenarios de toda Galicia, Ponferrada, Asturias, Madrid e Portugal con máis de 70 concertos realizados no primeiro ano.

Paco Dicenta é músico e produtor con mais de 20 anos de traxectoria, presente en innumerables formacións de diversos xéneros musicais (Jazz, Soul, Funk, Folk, Gospel, Rock, etc). Formou parte de discos de numerosos artistas (Oscar Ibáñez, 2Us, Mercedes Peón, Berrogüeto, X.M Budiño, Calve de Fado, The Crass…). Actualmente con The Crass, Oscar Ibáñez & Tribo, Gnomon, Missin’ Blues,Aretha Franklin Tribute Band, Clave de Fado, Jotinhos, Dr. Swinglove, e un longo etcétera.

Noelia Álvarez colabora con diferentes formacións desde hai 16 anos, en diferentes xéneros (Rock, Soul, Hip- hop, Funk, Gospel) Shiro do antigo grupo La Familia, tres anos co grupo The Soul Jacket como corista, dous anos con Barlanders, a parte de gravación de voces en diferentes traballos discográficos e coprotagonizar os musical “Recuerdos” xunto co cantante de musicais Ruben Yuste. Na actualidade co grupo portugués Gnomon e Aretha Franklin Tribute Band entre outros proxectos.



Concerto: Two In The Mirror. SAN BIEITO 2021


PROGRAMACIÓN FESTAS DE SAN BIEITO 2021


Festas de San Bieito 2021


Cabecera-web-ecultura.png