Concerto: Uxía & Ruibal

| Luns 23 de setembro. 2024
| Ás 21:00 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Concerto: Uxía & Ruibal


Uxía & javier Ruibal

A artista galega Uxía e o músico andaluz Javier Ruibal unen forzas e talentos para presentar un novo proxecto: Da túa casa a miña. Un retrato musical de dous poetas universais, Rosalía e Lorca, que nos fará coñecer máis a fondo a obra destes poetas e tamén descubrir a profunda admiración que Lorca sentía por Rosalía.

Unha unión norte-sur a través da poesía e a música que presentarán agora ao longo da xeografía española nun espectáculo que emocionará a tódolos públicos.

Uxía e Ruibal proveñen da música popular ibérica que se proxecta ao mundo; son dúas voces que beben de todo ese acervo que Lorca e Rosalía trasladaron aos seus versos, que son pura musicalidade e inspiración.


Uxía

Uxía

Uxía é considerada a grande dama da música galega e unha das maiores divulgadoras da súa poesía. Nos seus máis de 30 anos de carreira artística renovou a música tradicional galega conectándoa coas culturas atlánticas, mesturando alalás con morna, fado e ritmos brasileiros.

Publicou varios discos, polos que recebeu importantes recoñecementos, entre os que destacan o Premio da Crítica Galicia 2016 ou o Premio a Mellor álbum de música de raíz nos Premios de la música independiente de España por Meu canto, seleccionado también como Top of the World pola revista británica Songlines. Entre outros proxectos, é a directora artística e alma mater do Festival Internacional da Lusofonía, Cantos na maré.


Javier Ruibal

Javier Ruibal. Festas do Cristo 2017. O Porriño

Considerado un iniciador nos novos movimentos do flamenco, Javier Ruibal é un dos cantautores máis prestixiosos de España. Na súa peculiar mestizaxe musical teñen cabida estilos como o jazz, o flamenco, a música do Magreb ou da India, e unha clara vinculación cos poetas da Xeración do 27, como Rafael Alberti ou Federico García Lorca. Con máis de 35 anos de carreira e dez discos no mercado, obtivo no 2007 a Medalla das Artes de Andalucía en recoñecemento á súa traxectoria. Compuxo para Martirio, Ana Belén, Javier Krahe, Mónica Molina, Sara Baras ou Pasión Vega, e cantou con artistas como Pablo Milanés, Joaquín Sabina, Celtas Cortos, Carlos Cano ou Carmen París.




Cartel Festas do Cristo 2024


Cabecera-web-ecultura.png