| Sábado 21 de decembro. 2024
| Ás 20:00 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
| En caso de choiva na carpa da praza do Cristo
A Big Band Xingros é un grupo nacido da necesidade de levar a música contemporánea e jazz ao público, liderado polo mestre e compositor José Pérez Arias dende 2015 e con sede na provincia de Pontevedra.
Desde a súa formación ten a súa sede de reunión no Conservatorio de Música “Victor Urena” de Redondela, onde realiza os seus ensaios. Está composta na súa maioría por estudantes de diferentes especialidades.
O número de membros é de preto de 21 músicos que tocan instrumentos de vento (saxofón alto, tenor, barítono e baixo), vento-metal (trompetas e trombóns) e sección rítmica (guitarra, baixo, teclados, piano, batería).
Malia a súa curta historia, a Xingros Big-Band realizou moitas actuacións e compartiu o escenario con máis grupos. En 2017 compartiu escenario coa Big Band holandesa “The Big T Band”. Ademais de concertos, tamén organizou cursos de formación con profesores como Felipe Castro ou Martijn de LAAT e participou en programas de televisión como “Luar” da TVG.