Concertos Día do Peregrino

ACTUALIZACIÓN: aprazado os concertos da tarde por previsión meteorolóxica adversa

| Domingo 17 de setembro. 2023
| Ás 12:30 h, 18:00 e 19:30 h
| Prazas da vila

Concertos Día do Peregrino

PA TI NA MÁ / NACIONAL 81 / GRUPO LA PATRULLA


ACTUALIZACIÓN: Aprázanse os obradoiros e actividades infantís e os concertos de Nacional 81 e o Grupo La Patrulla. Mantense o concerto de Pa ti na má que arranca xa no Parque do Cristo.

Durante todo o día estará instalado o Photocall do Día do Peregrino e ás 21:30 h relizararase o sorteo.

Dende primeira hora da mañá e durante todo o día estará instalado un photocall na praza Arquitecto Antonio Palacios para que poidamos sacarnos unha foto co punto quilométrico exacto.

A partir das 16:30 h, na praza Arquitecto Antonio Palacios, os nenos e nenas serán os protagonistas. Poderán disfrutar dos obradoiros de elaboración de cunchiñas peregrinas, animación infantil e o xogo Pasiño a Pasiño, similar ao tradicional xogo da oca pero inspirado no Camiño de Santiago.

A hostalería terá un importante papel. Repartiranse rifas nos albergues e establecementos hostaleiros do Porriño para participar no sorteo de 10 cestas de produtos galegos que inclúen queixo, Mel de Galicia e unha bola de Pan do Porriño. O sorteo celebrarase o domingo, ás 21:30h, na praza Arquitecto Antonio Palacios.


Pa ti na má

Pa ti na má

Pa ti na má nace en febreiro de 2011, cando Fran Vázquez (Sevilla) e Tito Castro (Pontevedra) coñécense e deciden crear un dúo totalmente diferente á proposta musical existente en Vigo fusionando a esencia do Norte e o Sur.

Pa ti na má convértese nun referente dentro do panorama musical Vigués polo seu estilo marcado que engloba desde a rumba, ao flamenco máis pop e mesmo creando temas propios. Por mor dese momento empezan a sucederse os concertos en directo, ata o día de hoxe cunha media de 160 concertos ao ano entre Galicia e Portugal.

Un dos momentos máis emocionantes do seu concertos, é cando o grupo actúa como artistas convidados dos Chunguitos na xira que lles trae a Vigo, onde Pa ti na má interpreta en directo o tema “Me quedo contigo” xunto cos seus creadores.

Publicaron sete discos a nivel galego:

  • De Vigo a Sevilla, en 2011
  • Algarabía, en 2013
  • Anada que no, en 2014 de temas propios
  • Menos es más, en 2017
  • Al desnudo, en 2018
  • Guapeá, en 2019
  • Cuando nadie, en 2020

Nacional 81

Un proxecto acústico cunha clara vocación: facer revivir a través de éxitos do rock grandes momentos das nosas vidas.

A Nacional 81, unha vía imaxinaria que conecta Jumilla (Murcia) con Vigo (Pontevedra), é o inicio dun camiño no que a banda sonora provoca emocións aos viaxeiros. E é que, aínda que se criaron en zonas separadas por máis de 1.000 km na xeografía española, uniulles a súa paixón pola música.

Repertorio coidado con temas nacionais e internacionais, predominando rock en castelán. A súa vocación é facer gozar e participar ao público cun repertorio que supera os 25 temas.


Grupo La patrulla

Grupo La patrulla

La patrulla é unha banda de pop-rock que fai un percorrido polos temas máis influentes da década dos 80, 90 e actuais. Ademais fan algunhas chiscadelas a temas clásicos máis antigos.

No verán de 2015 nace La Patrulla, froito do “boom” de actuacións nos diferentes locais de Baiona co afán de ir un paso máis aló no ámbito dos grupos de versións. Unha dos seus principais características é facer rememorar ao público as boas sensacións que viviron ao escoitar por primeira vez aquelas cancións a través dun bo son e unha posta en escena divertida.

Todos os compoñentes do grupo teñen unha ampla experiencia en directos con outras bandas, Los del barro, Doble Zero, Menage a trois, Illah, 21 Gramos… ademais chegaron a telonear a grupos da talla de Coti, Gran Wyoming, Henry Méndez, Seguridad Social, e Siniestro Total entre outros.


Rifa Día do Peregrino

Concertos Día do Peregrino


Cabecera-web-ecultura.png