| Do 5 ao 9 de xuño. 2023
| Actividade concertada cos centros educativos do Porriño
Organizan: Concellería de Educación, OMIX do Porriño e Escola Municipal de Música
Desde a Concellería de Educación, a Escola Municipal de Música e a OMIX do Porriño, co obxectivo de fomentar os estudos de música entre os/as máis cativos/as, retomamos os concertos didácticos polos centros educativos do Porriño, para darlle a coñecer aos alumnos/as o que ofrece a nosa Escola Municipal de Música.
Por parte do profesorado da Escola, a través dunha historia-conto, levaranse a cabo uns concertos didácticos, cada un deles cunha duración aproximada de 45 minutos, nos que achegarán ao alumnado coñecementos sobre as distintas familias instrumentais (vento-madeira, vento-metal, corda e percusión), así como música de diversos estilos. Tamén o alumnado poderá probar algúns dos instrumentos.
Esta actividade vai dirixida ao alumnado dos niveis de 1º ata 4º de Educación Primaria e levarase a cabo na semana do 5 ao 9 de xuño. participarán un total de 612 alumnos e alumnas dos colexios: CEIPP Antonio Palacios, CEIPP de Atios, CPR Hermanos Quiroga, CEIPP da Ribeira, CEIPP Fernández López e CPR Santo Tomás.