Concurso de carteis do Entroido 2020

| Prazo de inscrición ata o 10 de febreiro, ás 20:00 h.

Cartel Entroido 2020

Cartel gañador do concurso de carteis do Entroido 2020.
Autora: Dulce María López Fernández


O Concello do Porriño ven de difundir o cartel anunciador do Entroido 2020 que é un deseño de Dulce María López Fernández. Simboliza unha sardiña ataviada cun sombreiro carnavalesco.

O xurado que presidiu Cami Moreira, concelleira responsable de Cultura e Festexos elixiu a proposta desta artista de Fene que levará o primeiro premio dotado con 600 euros. O segundo premio, dotado con 500 euros, correspondeu a Ramón Manuel Garrido García, de Mérida (Extremadura). Seleccionáronse entre os 23 deseños que se presentaron nesta primeira edición do Concurso de Carteis do Entroido 2020, convocado polo Concello do Porriño.

Como establecían as bases do Concurso, todos os deseños presentados serán exhibidos próximamente nunha exposición que albergará o Centro Cultural Municipal.


O Concello do Porriño convoca a primeira edición do concurso de carteis do que sairá o que servirá para anunciar o Entroido 2020. O prazo de presentación de deseños rematará ó 10 de febreiro ás 20:00 horas.

Poderán participar todos cantos queiran con plena liberdade de técnica, sempre que non presente dificultade para súa posterior reprodución litográfica.

O tema referirase o Entroido, e sempre en lingua galega. Os participantes entregarán un CD onde aparecerá o cartel en formato jpg, formato A3, 300 ppp. (puntos por pulgada) 3508×4960 píxeles, no Rexistro de entrada do Concello.

No cartel aparecerá o seguinte texto: “ENTROIDO NO PORRIÑO Dende 22 o 26 de febreiro 2020 Concellería de Festexos – Concello do Porriño” .

O xurado estará presidido por Cami Moreira, concelleira de Festexos e integrado por 3 membros relacionados co mundo das artes.

O deseño gañador terá un premio en metálico de 600 euros. Haberá tamén un accésit de 500 euros.

O cartel gañador quedará en propiedade do Concello do Porriño que terá todos os dereitos e explotación do mesmo.

BASES-CONCURSO-DE-CARTEIS-ENTROIDO-2020


Cabecera-web-ecultura.png