Concurso de iluminación e deseño dos escaparates de Nadal nos establecementos comerciais e nas vivendas

| Inscricións ata as 14:00 horas do día 12 de decembro de 2025

Concurso de iluminación e deseño dos escaparates de Nadal nos establecementos comerciais e nas vivendas

Con motivo das celebracións das festas navideñas o concello do Porriño convoca o concurso de iluminación e deseño dos escaparates dos nosos establecementos comerciais e das vivendas situadas no noso concello.

O concurso ten por obxecto dinamizar a participación activa dos cidadáns e cidadás do noso concello, así como visibilizar e apoiar ao noso comercio local, conseguindo así unha colaboración máis completa para infundir un ambiente navideño decorativo. Todo elo, baseado en valores como o traballo en común e a cooperación entre os veciños y veciñas do noso concello.

O concello do Porriño é consciente do emotivas que son estas datas, polo que queremos valorar o traballo e o esforzo tanto dos nosos veciños e veciñas como dos comercios; así como darlle o protagonismo activo como fonte de desenvolvemento e intervención comunitaria na localidade.

Neste contexto, convócase o devandito concurso conforme ás bases.


Requisitos

Poderán participar vivendas e os establecementos comerciais, hostaleiros e outros negocios empresariais que conteñan con establecemento físico e aberto ao publico. Todos eles terán que estar situados no termo municipal do concello do Porriño e deberán ser maiores de idade na data da inscrición.

Por tanto, este concurso contará con tres categorías:

  1. Establecementos comerciais. Neste caso se valorará os escaparate e fachada dos establecementos que terán que ter un deseño en torno a temática do nadal. No caso de que algún establecemento comercial non dispoña de escaparate valorarase a decoración da fachada do local comercial.
  2. Vivendas. Neste caso se valorará a decoración exterior da vivenda. Aceptase tanto a decoración dos balcóns, fachadas, ventás e toda aquela decoración que se poida ver dende fora.
  3. Comunidades veciñais. Neste caso renuncian a un posible premio individual e valorarase a decoración exterior das vivendas, aceptando tanto a decoración dos balcóns, fachadas, ventás e toda aquela decoración que se poida observar no caso de que se poida ver dende fora.

A decoración deberá ser realizada antes do día 12 de decembro e só se poderá presentar ao concurso un único proxecto por local comercial e por vivenda.

Os participantes dispoñerán da súa propia iluminación e/ou decoración nas condicións que permitan visualizar claramente o espazo decorado no seu conxunto polo público en xeral.


Lugar e prazo de inscrición

A inscrición é totalmente gratuíta e poderá realizarse por rexistro ou mediante o envío do anexo correspondente ao seguinte correo electrónico:
rexistro@oporrino.org

O prazo da inscrición é do día da publicación ata as 14:00 horas do 12 de decembro (ambos inclusive).


Condicións de participación

A decoración terá que ter relación coa festividade de Nadal e os motivos tradicionais da mesma, tendo os/as participantes plena liberade en canto a técnica e estilo.

Os elementos decorativos do Nadal no seu conxunto deberán permanecer expostos durante o período establecido (12 de decembro do 2025 ata o 7 de xaneiro do 2026, ambos inclusive).

Así mesmo, tódolos participantes deberán enviar fotos ou vídeos dos seus escaparates, establecementos, vivendas, etc. a seguinte dirección de correo electrónico: rexistro@oporrino.org ata o 12 de decembro.

A inscrición e participación neste concurso implica a autorización ao Concello do Porriño a publicación de fotografías e vídeos nas redes sociais co fin de promocionar e darlle publicidade as actividades.

A participación neste concurso supón a aceptación íntegra das presentes bases e sometemento expreso das decisión interpretativas das mesmas que efectúe a organización. A organización reservase o dereito a descartar aos participantes que incumpran as mesmas, e especialmente, calquera participación que vaia en contra destas bases.

Coa aceptación destas bases os participantes comprenden os termos e condicións das mesmas e comprométense a cumprir coa normativa vixente que poida resultar da aplicación a este respecto, de modo que, polo simple feito de participar no concurso están prestando o seu consentimento a someterse ás bases e legalidade de forma total e irrevogable.

A manifestación en contrario do participante, independentemente do momento no que se realice, implicará a autoexclusión do concurso e a liberación da organización de calquera compromiso adquirido co participante.

Calquera imprevisto non contemplado nestas bases será resolto pola organización.


Premios e categorías de valoración

Establécense dúas categorías de valoración:

  1. Votación do xurado. O xurado valorará os escaparates en función do establecido no apartado octava destas bases. A votación do xurado terá unha ponderación do 80% para o calculo da puntuación total.
  2. Votación popular. Expoñeranse as fotografías dos escaparates participantes nas redes sociais do Concello e estará habilitada dende o 16 de decembro ao 4 de xaneiro. Esta votación terá unha ponderación do 20% para o calculo da puntuación total.

A contía dos premios será por categoría:

Categoría A: establecementos comerciais

  • Primeiro premio: 900,00 €
  • Segundo premio: 700,00 €
  • Terceiro premio: 450,00 €

Categoría B: vivendas

  • Primeiro premio: 400,00 €
  • Segundo premio: 250,00 €

Categoría C: comunidades veciñais

  • Primeiro premio: 400,00 €
  • Segundo premio: 250,00 €

Estes premios estarán suxeitos a retención do IRPF, de acordo coa lexislación vixente. O pago dos premios farase as persoas ou entidades que figuren na inscrición mediante transferencia bancaria debendo presentar os seguintes documentos:

  1. Certificación bancaria que acredite a titularidade desta.
  2. Declaración responsable asinada pola persoa participante ou pola persoa representante da entidade participante de non ter débedas tributarias nin fronte á Seguridade Social. (ANEXO III).
  3. DNI ou CIF.

Coa inscrición neste concurso, a persoa participante ou representante da entidade participante autoriza ao Concello do Porriño a realizar as consultas necesarias nas bases de datos da Axencia Tributaria Estatal, da Axencia Tributaria de Galicia, da Seguridade Social e do ORAL, co fin de comprobar que se atopa ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.


Xurado

O organismo encargado da avaliación será o xurado composto por:

  • Un representante do Concello do Porriño.
  • Dous expertos especialistas en escaparatismo e decoración.
  • Un máximo de catro representantes doutras entidades, asociacións ou organizacións que queiran formar parte do concurso.

Por tanto, o xurado estará conformada por un máximo de 7 persoas. Sendo estas independentes e non vinculadas ao concurso de forma directa.

O xurado e a organización resérvase o dereito de declarar como “deserta” algunha das categorías ou de establecer un único premio se non se acada un mínimo de 6 participantes, ou se non se considera cun mínimo de “traballo e orixinalidade”.


Valoración

Para a valoración dos elementos decorativos do Nadal de cada establecemento ou casas os membros do xurado terán en conta os seguintes criterios:

  1. Composición e deseño
  2. Calidade e harmonía
  3. Iluminación
  4. Creatividade e orixinalidade
  5. Exposición dos produtos
  6. Coidado do medio ambiente, emprego de materiais de reciclaxe ou materias primas naturais

No caso de empate, o premio repartirase proporcionalmente entre os/as gañadores/as.

O fallo do xurado darase a coñecer a través dos medios de comunicación, da páxina web do Concello do Porriño e nas correspondentes redes sociais. Ademais será comunicado a través do correo electrónico e/ou chamada telefónica ás persoas e establecementos galardoados.


Veredicto

O resultado será a suma do 80% dos votos do xurado e o 20% dos votos populares, que se dará a coñecer a través dos medios de comunicación, da páxina web do Concello do Porriño e das correspondentes redes sociais.

O día 5 de xaneiro darase a coñecer os premiados e premiadas nun acto público que se celebrará ás 12:00 na praza do concello ou no salón de plenos (esta localización poderá ser modificada).


Bases do concurso

Botón descarga as bases do concurso


Anexo I – Documento de inscrición da categoría A

Botón descarga documento de inscrición


Anexo II – Documento de inscrición da categoría B e C

Botón descarga documento de inscrición


Anexo III – Documento de declaración responsable

Botón descarga do documento de declaración responsable


Concurso de iluminación e deseño dos escaparates de Nadal nos establecementos comerciais e nas vivendas


Cabecera-web-ecultura.png