Concurso de preguntas Trivium

| Días 19, ás 11:00 e 18:00 h. | Praza do Cristo » ver mapa

| Día 24, ás 18:00 h. ACTUALIZACIÓN: Pavillón do Colexio Fernández López » ver mapa (Aforo limitado)

| Día 25 de setembro, ás 18:00 h. (datas de clasificación). ACTUALIZACIÓN: Pavillón do Colexio Fernández López » ver mapa (Aforo limitado)

| Día 2 de outubro, ás 18:00 h. (partida final). 2021 | Praza do Cristo » ver mapa

Concurso de preguntas Trivium

Incluído na programación das Festas do Cristo 2021


Trivium Porriño, un xogo xigante similar ao “Trivial” pero personalizado para nosa vila.

Xogarase durante os días 19, 24 e 25 de setembro (datas de clasificación) e 2 de outubro (partida final), na Praza do Cristo.

Os premios monetarios serán para consumir na hostalería e o comercio locais, axudando así ao impulso económico do Porriño.

Competirán 16 parellas, que deberán subir un vídeo ás súas redes sociais contándonos o porqué do seu interese en participar; e serán seleccionadas que máis “me gustas” teñan nos seus vídeos.

Etiquetar tanto en Facebook como en Instagram (@triviumporriño) e poñer o cancelo #TriviumPorriño.


Reglas

O Trivium Porriño é un xogo xigante similar ao “Trivial” pero personalizado para a nosa vila, cun taboleiro xigante e por suposto con preguntas relacionadas do Porriño.

  • Os equipos serán de dúas persoas
  • Os premios serán para consumir na hostalería e no comercio local.
    • 1º premio estará valorado en 300€
    • 2º premio valorado en 200 €
    • 3º premio valorado en 100 €

Xogaranse as partidas na Praza do Cristo nas seguintes datas:

  • 19 de setembro, en horario de mañá ás 11:00 h. e pola tarde ás 18:00 h.
  • 24 de setembro á tarde, ás 18:00 h.
  • 25 de setembro á tarde, ás 18:00 h.
  • A final será o 2 de outubro, ás 18:00 h.

Como participar

Para participar só terás que subir un pequeno vídeo ás túas redes sociais (Facebook ou Instagram) co cancelo # TriviumPorriño e etiquetar á páxina de Facebook Trivium Porriño ou ao perfil de Instagram @triviumporriño.

  • vídeo será de 30 segundos como máximo
  • contádenos o porqué do voso interese en participar
  • As parellas seleccionadas serán as que máis me gustas teñan nos seus vídeos.
  • A data límite para subir o vídeo as vosas redes sociais e o 14 de setembro, ás 23:59.
  • O 15 de setembro será cando sa faga o reconto dos me gustas e dos Likes.

Tamen podes inscribirte por correo electrónico, enviando un correo electrónico a triviumporrino@gmail.com inscribindo a túa parella, indícando nome, apelidos, e teléfono de contacto.


Competirán 16 parellas:

  • Xogarán 1 partida do Trivium nas quendas de clasificación (19, 24 ou 25 de setembro). 
  • As parellas gañadoras de cada unha das 4 quendas, clasificaranse para a final do 2 de outubro. 
  • A idade mínima para participar son os 16 anos. 

Para calquera dúbida podedes preguntala no Whatsapp 639 317 255.


Estades seguros de que sodes expertos da vosa vila? 

Sabedes todo o que hai que saber sobre Porriño para gañar?



OMIX

Cabecera-web-ecultura.png