| Días 27 novembro e 11 de decembro de 2024 e 15 e 26 de xaneiro e 12 de febreiro ao 12 de decembro de 2025
| Casa Consistorial do Porriño » ver mapa
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño
Organizan: Concellería de Educación, Normalización Lingüística e a OMIX
O Concello do Porriño pon en marcha, a partir deste mes de novembro, as visitas presenciais ao edificio da Casa do Concello dirixidas ao alumnado de 3º de Educación Primaria dos centros educativos do municipio, e alumnado de Aceesca.
Estas visitas desenvolveranse nos meses de novembro e decembro do 2024 e xaneiro e febreiro do 2025, nos que a Casa Consistorial recibirá un total de 174 alumnos/as, repartidos/as nas seguintes datas:
- 27 de novembro de 2024.
- 11 de decembro de 2024.
- 15 e 29 de xaneiro de 2025.
- 12 de febreiro de 2025.
Levaranse a cabo de 10 a 12 horas, cunha duración aproximada de 45 minutos por cada visita.
A Concellería de Educación e Normalización Lingüística e a OMIX organizan esta actividade en colaboración cos centros educativos co obxectivo de que o alumnado coñeza un pouco máis o funcionamento da Casa Consistorial, á vez que se dinamiza a lingua e cultura galegas. A técnica de Normalización Lingüística do Concello do Porriño, Andrea González Pereira, será a encargada de guiar o alumnado polo edificio do Concello para dar a coñecer a súa historia, as distintas salas e espazos, o organigrama dos departamentos e o seu funcionamento interno. O emprego de léxico administrativo galego, así como o desenvolvemento dun pequeno glosario galego-castelán de termos cotiáns dun concello, fan que as visitas guiadas teñan, unha vez máis, a lingua galega como o elemento catalizador. Deste xeito, as nenas e nenos do Porriño percorrerán os corredores das dependencias municipais, entrarán no salón de plenos, na alcaldía ou no balcón dende o que tradicionalmente se pregoa o inicio do Entroido, das festas do Cristo…, á vez que coñecen a importancia da lingua nunha Administración pública e o funcionamento do Servizo de Normalización Lingüística do seu Concello.