Conferencia: Pautas para alcanzar unha actividade física saudable

| 19 de xaneiro. 2017
| Ás 19:00 h.
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa

O Concello do Porriño organiza a conferencia deportiva do adestrador Daniel Mouriño, co lema “Pautas para alcanzar unha actividade física saudable”.

Será no Centro Cultural Municipal, o día 19 de xaneiro, ás 19:00 h., estará presentada polo tenente de alcalde e concelleiro de Deportes do Porriño, Manuel Carrera quen, ademáis foi ciclista profesional.

Daniel Mouriño Fortes, que é licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e Asesor de Motricidade Humana e Deportes de Resistencia, subliñará a necesidade de facer exercicio regularmente, ainda máis tendo en conta que, os datos nas últimas Enquisas Nacionais de Saúde, amosan que preto do 80% da poboación non realiza a actividade física aconsellada para manter a saúde.


Cabecera-web-ecultura.png