Conmemoración do Día Mundial da Diabetes

| Venres 14 de novembro. 2020
Vestíbulo Centro Cultural Municipal » ver mapa

Día Mundial da Diabetes

O 14 de novembro conmemórase o Día Mundial da Diabetes, con motivo desta data e en colaboración con Anedia Galicia, Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia, proxectarase no vestíbulo do Centro Cultural Municipal un vídeo para dar a coñecer as causas, os síntomas, o tratamento e as complicacións asociadas á enfermidade. Ao coincidir a celebración en sábado, o vídeo proxectarase nos días próximos a esta data.



Día Mundial da Diabetes. 14 de novembro

O Día Mundial da Diabetes (DMD) é a campaña de concienciación sobre a diabetes máis importante do mundo. Foi instaurado pola Federación Internacional de Diabetes (FID) e a Organización Mundial da Saúde (OMS) en 1991, como resposta ao alarmante aumento dos casos de diabetes no mundo. En 2007, Nacións Unidas celebrou por primeira vez este día tras a aprobación da Resolución en decembro de 2006 do Día Mundial da Diabetes, o que converteu ao xa existente Día Mundial da Diabetes nun día oficial da saúde da ONU.

O seu propósito é dar a coñecer as causas, os síntomas, o tratamento e as complicacións asociadas á enfermidade. O Día Mundial da Diabetes lémbranos que a incidencia desta grave afección áchase en aumento e continuará esta tendencia a non ser que emprendamos accións desde agora para previr este enorme crecemento.


Cabecera-web-ecultura.png