| Mércores 9 de xullo. 2025
| Ás 10:30 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Un espectáculo da Compañía Polo correo do vento | Servizo de Normalización Linguística e Servizos Linguísticos da Deputación de Pontevedra
Co fin de divulgar entre a infancia o papel fundamental das cantareiras para a lingua, esta actividade de contacontos que, de xeito ameno e participativo, percorrerá a biografía destas mulleres baixo o título: Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas.
Nesta actividade, que desenvolve Polo Correo do Vento, alternarase a narración sobre as cantareiras, homenaxeadas este ano no Día das letras Galegas, coa creación dun debuxo mural en directo e coa interpretación de pezas que cantaban estas mulleres. A actividade rematará cun obradoiro de debuxo no que, seguindo as indicacións dun ilustrador, o público asistente debuxará unha caricatura dunha pandeireteira.

