Contacontos: Contos que curan

| Segundos xoves de mes. 2026
| Ás 17:30 h
| Xoves 23 de abril, ás 12:00 h: Sesión especial polo Día Internacional do Libro (nova incorporación ao programa)
Biblioteca Municipal » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas

Contacontos: Contos que curan

Un proxecto de biblioterapia infantil da biblioteca do Porriño


O aumento dos problemas e trastornos mentais representa un desafío para o futuro da humanidade, e actuar na idade infantil resulta clave para atallalo. Todos os axentes sociais poden traballar neste obxectivo desde o seu campo de acción, facendo posible unha vida máis alentadora para os nosos nenos e nenas.

No que respecta ao ámbito das bibliotecas, estas teñen a oportunidade de colaborar coa biblioterapia: unha disciplina que usa os libros con finalidade terapéutica, e que nos últimos tempos está amosando o inmenso valor que a lectura pode ter no campo da saúde mental.

A biblioteca do Porriño, comprometida na construción social da súa comunidade, presenta este proxecto de biblioterapia infantil, “Contos que curan”: unha serie de contacontos que teñen como obxectivo axudar a previr, identificar e xestionar distintos problemas e trastornos infantís en nenos e nenas.

Trátase dun proxecto realizado desde o ámbito bibliotecario por profesionais do libro e da lectura, acostumados a buscar, seleccionar, clasificar e difundir información bibliográfica de calidade.



Biblioteca Municipal do Porriño