Contacontos en inglés no cole

| Días 23, 24, 25 e 26 de marzo e 6, 7, 8 e 9 de abril. 2021
| Horario lectivo
| Centros de educación infantil ou primaria do Concello do Porriño
| Actividade concertada

Contacontos en Inglés no cole


A Concellería de Educación e a OMIX do Porriño, levará a cabo un programa de contacontos en íngles dirixidos a nenos/as escolarizados en diferentes colexios de Educación Infantil ou Primaria do Porriño denominado “Contacontos en Inglés no cole”. 

O obxectivo deste programa é ofrecer aos nosos máis pequenos unha actividade en inglés de calidade, pensada por e para os nenos/ as, co fin de impulsar o seu interese e a súa curiosidade cara ao inglés dunha forma lúdica e divertida axudando a impulsar a inmersión lingüística desde idades tempranas e a estimulación precoz , a través de contacontos perfectamente guionizados e teatralizados e desenvolvidos integramente en inglés.

 Devanditos contacontos terían temáticas distintas en función de que os mesmos debense impartir ou ben a alumnos de Educación Infantil ou ben a alumnos de Educación Primaria, a fin de adaptarse ás idades e intereses dos nenos e nenas, sendo a duración de cada contacontos de entre 30 e 40 minutos aproximadamente.


As datas previstas son o 23, 24, 25, 26 de marzo e 6, 7, 8 ,9 de abril, en horario lectivo.

Participantes:

  • Cpr. Sto. Tomas
  • Cpr. Hnos. Quiroga
  • Ceip. Ribeira
  • Ceip. Férnandez López
  • EI. Mosende
  • Ceip. Atios
  • Ceip. Cruz Budiño
  • Ceip. Antonio Palacios.

Total de alumnado participante: 157 alumnos/as. 

Para realizalos contaremos coa experiencia de máis de 15 anos que a empresa Kids& Us vén ofrecendo no Porriño.


OMIX

Cabecera-web-ecultura.png