| Venres 3 de xuño. 2022
| Ás 18:30 h
| Biblioteca Municipal » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas
Compañía Solaina
Organiza: Biblioteca Municipal do Porriño
DEDAS é un conto ilustrado onde agroma a poesía en cada liña. Un libro evolutivo amplo, de 64 páxinas, que abrangue un gran grupo de idades, perfecto para nenos e nenas de 1 a 6 anos. Unha historia fermosa na que se xoga coas repeticións para darlle musicalidade e na busca continua dun uso didáctico. As pequenas e pequenos aprenden a contar, cales son os días da semana, os meses do ano… todo nunha liña de xogo cunha sorpresa final que ve realidade coas belísimas ilustracións que acompañan a escrita. No contacontos introducimos tamén un linguaxe inclusivo, onde aprendemos a signar os días da semana, do ano… con actividades educativas.