| Venres 3 de xaneiro. 2025
| Ás 18:00 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
| En caso de choiva na carpa da praza do Cristo
Compañía: Barafunda Teatro
O Gato Zapato é un contacontos interpretado por dous actores que utilizan ilustracións, luces e sons para introducir aos máis pequenos nun mundo de aventuras. A viaxe de O Gato Zapato ensina aos rapaces a importancia de axudarnos uns aos outros, dunha forma altruísta e amable.
Con música orixinal, este contacontos conseguirá sacar un sorriso aos máis pequenos e maiores coa axuda das súas carismáticas personaxes, habitantes dos bosques galegos.
O Gato Zapato pasaba os seus días vendo películas no cine, comendo pasteis de cenoura e mandarinas, e dandose largos baños na charca do bosque, ata que un día perdeu o seu colar. Era o colar que unha amiga lle regalara ao marchar a vivir á cidade, e o Gato Zapato quería recuperalo.
É entón cando descubre que o Raposo Fermoso, un Raposo moi presumido, o atopara antes ca el, e para devolverllo pídelle que lle atope algo para adornar a súa pelaxe no seu lugar.
O Gato Zapato entón falará con diferentes habitantes do bosque para recuperar o seu colar. Algúns son vellos amigos, como a asustadiza Pega Estrela ou o intelixente Rato Sabio, e outras son novas amizades, como as músicas ambulantes a Vacaloura e a Toupa Foupa ou Carmiña.
Entre todos formarán unha cadea de favores do máis peculiar.