Contateca: Abrabebé

| Xoves 14 de febreiro. 2019
| Ás 18:00 h.
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa
| Pensado para bebés de 0-3 anos acompañados das súas nais/pais
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

Abrabebé, da Cía. Carlos Coira

Abrabebé

Un espectáculo da compañía Carlos Coira.

Partindo dos libros que forman a colección “Conto cinco sentidos” da editorial OQO, articúlase este espectáculo para bebés onde se xuntan a maxia, o clown, o xogo con obxectos e a lectura en voz alta para facer unha viaxe polo mundo dos sentidos gozando do xogo e dos libros.


Contateca

Todos os xoves hai animación á lectura na biblioteca. Trinta actuacións coas que se quere redobrar a aposta pola animación lectora no Porriño. Contacontos, obradoiros, actividades para bebés… de todo. E sempre arredor do libro e a lectura.


Abrabebé, da Cía. Carlos Coira


Biblioteca Municipal do PorriñoCabecera-web-ecultura.png