| Xoves 28 de febreiro. 2019
| Ás 18:00 h.
| Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa
| Pensado para nenas e nenos de 3-8 anos acompañados das súas nais/pais
| Entrada libre e de balde ata completar aforo
Avós
Un espectáculo da compañía Trinke-Trinke Teatro.
Unha nova aventura dos coñecidos Ratos de Lonxedetodo. O ciclo da vida e o respecto debido aos anciáns son os dous temas tratados neste espectáculo.
Contateca
Todos os xoves hai animación á lectura na biblioteca. Trinta actuacións coas que se quere redobrar a aposta pola animación lectora no Porriño. Contacontos, obradoiros, actividades para bebés… de todo. E sempre arredor do libro e a lectura.