| Xoves 7 de febreiro. 2019
| Ás 18:00 h.
| Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa
| Idade recomendada: 4-10 anos
| Entrada libre e de balde ata completar aforo
Contos de medo que deixan durmir
Un espectáculo da compañía A trastenda dos contos.
Espectáculo para toda a familia onde aprendemos a rirnos de nós mesmos. Achegarémonos ao medo desde a risa, desde a bondade duns personaxes, en principio, misteriosos. Un paseo ao longo da traidición mística galega por un camiño cheo de boas sorpresas.
Contateca
Todos os xoves hai animación á lectura na biblioteca. Trinta actuacións coas que se quere redobrar a aposta pola animación lectora no Porriño. Contacontos, obradoiros, actividades para bebés… de todo. E sempre arredor do libro e a lectura.