| Venres 27 de setembro, ás 18:00 h
| Domingo 29 de setembro, ás 17:15 h
| Pavillón Municipal dos Deportes » ver mapa
Será unha doble final coas categorías LF2 o venres 27 e Sénior o domingo 29, no pavillón municipal dos deportes.
O pavillón municipal de deportes do Porriño será a sede dos eventos centrais da Copa Xunta de Galicia Feminina de Baloncesto, organizados pola Federación Galega de Baloncesto e o Porriño Baloncesto Base (PBB) coa colaboración da Concellería de Deportes do Porriño. Trátase dunha doble final, xa que nesta 37ª edición haberá unha final Sénior e outra específica para os equipos de Liga Feminina 2.
Calendario de partidos
O venres 27 de setembro ás 18:00 h terá lugar a final da Copa Galicia Feminina LF2 entre os equipos Mariscos Antón Cortegada e Maristas Coruña.
Ás 20:00 h está prevista a segunda semifinal da Copa Galicia Sénior Feminina entre o Durán Maquinaria Enseñanza e o Celta Femxa Zorka. A primeira semifinal disputouse o pasado 12 de setembro en Potevedra, na que o Baxi Ferrol se impuso ao CB Arxil. Os partidos do venres serán retransmitidos en directo a través de FEGABA TV, a canle da Federación Galega de Baloncesto en YouTube.
As ferrolanas xogarán a Final coas vencedoras desta segunda semifinal o vindeiro domingo 29 ás 17:15 h, un partido que se emitirá en directo pola TVG.
As entradas pódense adquirir na app Cluber por 5,18€ por día para persoas adultas. Tamén estarán á venda na entrada do pavillón antes dos partidos. Os menores de idade poderán entrar de balde.