| Domingo 22 de xuño. 2025
| A partir das 12:00 h
| Rúas da vila

Colabora: Asoc. de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Rosais
O Porriño vestirase de flores para celebrar o día de Corpus Christi o domingo 22 de xuño. As persoas voluntarias preparan durante semanas os tapices florais que decorarán as rúas dende a igrexa Santa María do Porriño á praza do Arquitecto Antonio Palacios.
As persoas voluntarias comezarán a pintar os deseños o sábado a primeira hora da tarde para logo decoralos con pétalos, follas, area e viruta. Toda a veciñanza é benvida para colaborar na colocación dos adornos florais.
Os actos de celebración do Corpus Christi terán lugar o domingo día 22 coa procesión e misa solemne ás 12.00 horas.
