Curso de defensa persoal para mulleres

| Sábados 13, 20 e 27 de abril, e 4 de maio. 2024
| De 10:00 a 13:00 h
| Pavillón Municipal dos Deportes » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas

Curso de defensa persoal para mulleres

Organiza: Concellería de Igualdade


O Concello do Porriño segue traballando co obxectivo de sensibilizar á veciñanza en xeral da gravidade e dimensión do problema da violencia contra as mulleres e, á vez, avanzar na prevención destas condutas violentas. Neste eido, dende a concellería de Igualdade, que dirixe Carolina González, inclúen na súa folla rota tamén a necesidade de dotar ás mulleres das ferramentas necesarias para defenderse dun ataque adquirindo coñecementos de defensa persoal da man de persoal cualificado.

A proposta abrangue dúas iniciativas: unha dirixida ao alumnado dos centros de educación secundaria e unha segunda dirixida ás mulleres en xeral aberta a participación de todas aquelas que queiran formarse.

As quendas abertas ao público serán os días 13, 20, 27 de abril e o 4 de maio, no pavillón municipal, e contarán coa intervención do maxistrado Juan José Trashorras, titular do Xulgado Penal número 1 de Pontevedra. Serán de 10:00 a 13:00 h.

Están dirixidas a mulleres, co fin de desenvolver máis confianza nelas memas e no seu entorno, implementar estratexias de preveción e detección de situacións de perigo, integrando na súa vida diaria hábitos de seguridade persoal e promovendo a súa confianza e autoestima.

Para participar non é preciso inscripción previa.


Co cofinanciamento a cargo dos créditos recibidos do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade.


Curso de defensa persoal para mulleres



Concellería de Igualdade do Concello do PorriñoCabecera-web-ecultura.png