| Días 18 , 25 de febreiro ( de 10:00 a 12:30 h) e 11 de marzo ( de 10:00 a 13:00 h). 2025
| Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Inscricións por rexistro, mediante instancia xeral, do día 4 ao 14 de febreiro, de 9:00 a 14:00 horas
Ministerio de Igualdade, Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Concellería de Igualdade
A violencia contra a muller constitúe un grave problema de saúde pública e unha violación dos seus dereitos humanos. A violencia pode afectar negativamente á saúde física, mental, sexual e reprodutiva, de aí a necesidade de intervir directamente, mediante a posta en marcha de talleres e cursos formativos e informativos para enviarlles a mensaxe de que o seu coidado é premisa fundamental para traballar na mellora do seu crecemento persoal.
Nesta liña, a Concellería de Igualdade do Porriño, que dirixe Carolina González, anuncia a celebración do Curso de Saúde Feminina dirixido a todas as mulleres en xeral e, especificamente, a aquelas vítimas de violencia machista.
A formación impartirase os martes 18 e 25 de febreiro e 11 de marzo no Centro Cultural Municipal en horario de mañá; de 10:00 a 12:30 os dous primeiros días e prolongándose ata as 13:00 horas o último.
O aforo é limitado polo que todas as persoas interesadas en asistir deben inscribirse previamente, a partir deste martes día 4 e ata o 14 de febreiro, mediante instancia xeral presentada por rexistro no Concello.
Para obter unha maior información desta actividade, que conta co financiamento da Secretaría de Estado da Igualdade contra a violencia de xénero, poden chamar ao CIM do Concello do Porriño (986 335 000. Ext.257).
Actividade financiada pola Secretaría de Estado de Igualdade e contra a violencia de xénero.