| Do 12 de maio ao 1 de xuño. 2025
| Require inscrición (ata o 8 de maio)

Concellería de Xuventude e OMIX do Porriño
A Concellería de Xuventude do Porriño, a través da OMIX, presenta un curso oficial de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre a desenvolver en formato intensivo semipresencial no Centro Cultural Municipal do Porriño, impartido por Avada S. Coop. e a ETL Scolé.
Os contidos do curso impartiranse seguindo unha formación mixta que combina a docencia presencial e en liña. Trátase dun curso de 150 horas (neste caso combinando a formación presencial de 80 h coa telemática, neste caso de 70 h) cunha fase de prácticas de 150 horas, a realizar unha vez rematada a parte teórica.
Os días de docencia presencial son os seguintes: 19, 20, 21, 22, 26, 27, 28 e 29 de maio, e dos a formación en liña con horario libre son o 12, 13, 14, 15, 16, 23, 24, 25, 30 e 31 de maio e o 1 de xuño.
O alumnado que remate o curso obterá o título oficial de Director/a de Actividades de Tempo Libre homologado pola Xunta de Galicia, titulación obrigatoria para coordinar e/ou dirixir calquera tipo de actividade de lecer e tempo libre no territorio nacional.
Ata o próximo 8 de maio poderanse realizar as inscricións (daráse prioridade ás persoas empadroadas no Concello do Porriño) a través da seguinte ligazón: https://forms.gle/1L4hBteEaGV3Gm8u7 o cal tamén poderedes atopar na web www.avada.gal.
Máis información en: escoladetempolibre@avada.gal
Teléfono: 648 87 26 09
WhatsApp: 641 10 97 16

