| Do 16 de xuño ao 11 de xullo. 2025
| Require inscrición (ata o 9 de xuño)

Concellería de Xuventude e OMIX do Porriño
A Concellería de Xuventude do Porriño, a través da OMIX, presenta un curso oficial de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre a desenvolver en formato intensivo semipresencial no Centro Cultural Municipal do Porriño, impartido por Avada S. Coop. e a ETL Scolé.
Os contidos do curso impartiranse seguindo unha formación mixta que combina a docencia presencial e en liña. Trátase dun curso de 200 horas (neste caso combinando a formación presencial de 100 horas coa telemática, neste caso de 100 h.) cunha fase de prácticas de 150 horas, a realizar unha vez rematada a parte teórica.
Os días de docencia presencial son os seguintes: 16, 17 , 18, 19, 20, 23, 24, 25, 26, e 27 de xuño e as datas da formación en liña comprenden dende o 28 de xuño ata o 11 de xullo de 2025.
O alumnado que remate o curso obterá o título oficial de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre e estará formado sobre como dirixir grupos de persoas menores ou maiores e dinamizar, coidar, entreter e sobre todo educar mediante as súas accións.
Este curso é requisito imprescindible para traballar en campamentos, conciliacións, granxas escola, ludotecas, parques de aventuras, obradoiros, extraescolares, centros socioculturais, establecementos turísticos…
Ata o próximo 9 de xuño poderanse realizar as inscricións (daráse prioridade ás persoas empadroadas no Concello do Porriño) a través da seguinte ligazón: https://forms.gle/AG7VCGo9vimWToYTA o cal tamén poderedes atopar na web www.avada.gal.
Máis información en: escoladetempolibre@avada.gal
Teléfono: 648 87 26 09
WhatsApp: 641 10 97 16

