Curso oficial de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre

| Días 9, 10, 16, 17, 23 e 24 de marzo, e 5, 6, 7, 13, 14, 20 e 21 de abril. 2024
| Modalidade presencial e telemática
| Require inscrición (ata o 2 de marzo)
Centro Cultural Municipal » ver mapa

Curso oficial de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre

Concellería de Educación e OMIX do Porriño


A Concellería de Xuventude do Porriño, a través da OMIX, presenta un curso oficial de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre a desenvolver en seis fins de semana de marzo e abril no Centro Cultural Municipal do Porriño, impartido pola cooperativa Avada e a ETL Scolé.

Os contidos do curso impartiranse seguindo unha formación mixta que combina a docencia presencial e en liña. Trátase dun curso de 200 horas (neste caso combinando a formación presencial de 125 h. coa telemática, neste caso de 75 h.) cunha fase de prácticas de 150 horas, a realizar unha vez rematada a parte teórica.

Os días de docencia presencial son os seguintes: 9, 10, 16, 17, 23 e 24 de marzo, e 5, 6, 7, 13, 14, 20 e 21 de abril. En total, tres fins de semana de marzo e tres de abril, para completar a fase teórica do curso.

O alumnado que remate o curso obterá o título oficial de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre e estará formado sobre como dirixir grupos de persoas menores ou maiores e dinamizar, coidar, entreter e sobre todo educar mediante as súas accións.

Este curso é requisito imprescindible para traballar en campamentos, conciliacións, granxas escola, ludotecas, parques de aventuras, obradoiros, extraescolares, centros socioculturais, establecementos turísticos…

Ata o próximo 2 de marzo poderanse realizar as inscricións (daráse prioridade ás persoas empadroadas no Concello do Porriño) a través da seguinte ligazón: www.avada.gal


Máis información en: escoladetempolibre@avada.gal
Teléfono: 648 87 26 09


Curso oficial de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre


Concellería de Educación do Concello do Porriño OMIXCabecera-web-ecultura.png