| Agosto. 2026
| Aula CEMIT do Multiusos de Torneiros » ver mapa
| Prazas limitadas. Require inscrición previa

Buscas un plan tecnolóxico e divertido para este agosto e setembro? A Aula CeMIT do Multiusos de Torneiros organiza obradoiros de programación, deseño 3D, videoxogos e seguridade na rede para rapaces e rapazas de 5 a 17 anos.
Actividades segundo a idade
- 5 a 7 anos: Iniciación con Scratch Jr e tabletas.
- 8 a 12 anos: Videoxogos (Scratch 3, MicroBit, ArcadeMakeCode), seguridade na rede e impresión 3D (Tinkercad).
- 12 a 17 anos: Deseño e impresión 3D avanzado (Blender), seguridade en internet e fotografía para redes e vendas.
Prazas limitadas e inscrición de balde. Envía un correo a cemit.oporrino@xunta.gal indicando no asunto: NOME DO CURSO + DATA;
e no corpo do correo: Datos do rapaz/a.

