Dabuten Remember Festival 2026

| Sábado 26 de setembro. 2026
| Ás 22:00 h
| Con interpretación en lingua de signos e mochilas vibratorias
| Aparcadoiro da rúa Progreso» ver mapa
| Entrada libre e de balde

Dabuten Remember Festival 2026


Kate Ryan
Traffic House /
Dmiron / Khris Guez / Michi


A cantante belga Kate Ryan, considerada internacionalmente como unha das grandes raíñas das pistas de baile da década dos 2000, será a principal protagonista dunha nova edición do Dabuten Remember Festival, unha das citas máis esperadas da programación festiva local.

O festival, de acceso gratuíto, celebrarase o sábado 26 de setembro no habitual recinto de concertos situado no aparcadoiro da rúa Progreso, que volverá converterse nun punto de encontro para os amantes da música dance e dos grandes éxitos que marcaron toda unha xeración.

Durante a súa actuación, Kate Ryan fará un percorrido polos temas máis destacados da súa traxectoria, recuperando algúns dos grandes himnos do dance europeo dos anos 2000. No seu repertorio non faltarán éxitos como Désenchantée, Ella, elle l’a ou Voyage Voyage, as súas populares versións de clásicos da música francesa.

A artista belga interpretará tamén Je t’adore, o tema co que representou a Bélxica no Festival de Eurovisión en 2006.

O Dabuten Remember Festival ofrecerá así unha nova oportunidade para revivir en directo a música dunha das épocas máis emblemáticas das pistas de baile, cunha das artistas europeas máis recoñecibles do xénero como gran estrela da noite.


HORARIOS


  • Khris Guez: 23:30 h
  • Kate Ryan: 00:30 h
  • Traffic House: 01:30 h
  • Dmiron: 02:30 h
  • Michi: 03:30 h



Dabuten Remember Festival 2026

Dabuten Remember Festival 2026


Cartel Festas do Cristo2026