| Do 18 de novembro ao 12 de decembro. 2024
| Centros educativos da vila
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño
Organizan: Concellería de Educación e OMIX do Porriño
A través da Concellería de Educación, Cultura e a OMIX, levaranse a cabo as primeiras xornadas “Danzando na escola” nos centros educativos da nosa localidade do 18 de novembro ata o 12 de decembro de 2024.
España é o terceiro país europeo con maior prevalencia de sobrepeso e o cuarto en obesidade segundo a OMS. O noso país atópase moi por riba da media europea, co 39% dos nenos españois de 7 a 9 anos con sobrepeso e o 16% con obesidade antes da pandemia de COVID-19, fronte ao 29% de nenos europeos con sobrepeso e o 12% con obesidade.
Todos os estudos e expertos alertan de que as condutas suicidas se dispararon entre os nenos e adolescentes e que estamos ante taxas moi elevadas. Segundo un estudo da Fundación ANAR, os intentos de quitarse a vida que atendeu multiplicáronse por 26 na última década. Dez mil casos desde 2022 e sete de cada dez desde a pandemia. As chamadas por intentos de suicidio e ideas suicidas acadaron o ano pasado o pico.
Con base no anterior, dende o noso Concello cremos que a comunidade infantil e adolescente require a atención e o coidado por parte dos adultos. Necesitan actividades que lles axuden a mellorar o seu estado físico e anímico e o baile é unha forma divertida de exercitar o corpo e a mente e axuda a que sintan mellor animicamente.
Polo tanto este ano terán lugar as primeiras xornadas “Danzando na escola”, proposta para levar a danza aos centros educativos da nosa localidade, co obxectivo de ofrecerlle ao alumnado unha forma diferente e divertida de facer exercicio.
A escola de baile Studio 57 será a encargada de desenvolver esta actividade distribuída en 10 xornadas con obradoiros de diferentes disciplinas para o alumnado en cada unha delas. Partindo de que o movemento axuda a mellorar e axilizar a aprendizaxe en todas as materias, incluídas as que, a priori, poden parecer máis difíciles de comprender, achegaranse a través da danza todo tipo de beneficios adicionais para os alumnos/as:
- Fomentar o autocoñecemento do seu propio corpo.
- Promover a aprendizaxe colaborativa e proporcionar un maior control das emocións.
- Ofrecer unha alternativa divertida para que se expresen e liberen as tensións orixinadas pola rutina diaria e as tarefas escolares. O aspecto lúdico debe xogar un papel predominante en todo o proceso de ensino-aprendizaxe, favorecendo deste xeito a aprendizaxe cooperativa, a convivencia escolar e o respecto á interculturalidade (o que se logra introducindo xogos e música doutras culturas).