| Do 20 de xaneiro ao 8 de febreiro 17 de febreiro (prazo ampliado). 2021
| Mostra no vestíbulo do Centro Cultural Municipal Mostra online
Este ano debido a situación de pandemia que estamos a sufrir motivada pola Covid-19 non é posible realizar a Festa do Entroido. Por este motivo, dende a Concellería de Cultura e Festas do Concello do Porriño imos levar a cabo unha mostra de máscaras hixiénicas decoradas.
Animamos a tódolos públicos a participar seguindo estes pasos:
- Decora a túa máscara hixiénica.
- Sácate unha fotografía coa máscara decorada.
- Envía a fotografía por correo electrónico ao seguinte enderezo
cultura@oporrino.org. achegando os seguintes datos:
-
- Indicar en asunto: Decora a túa máscara.
- Nome e apelidos da/o artista.
- Idade
- Número de teléfono.
- No caso de que a fotografía sexa dun menor de idade deberase achegar o documento anexo de autorización de uso da imaxe, asinado polo pai, nai ou titor/a (baixo estas liñas).
Prazo de envío das fotografías: Do 20 de xaneiro ao 8 de febreiro 17 de febreiro (prazo ampliado).
Coas fotografías acadadas faremos unha mostra online nesta páxina web.
As/os artistas participantes recibirán un obsequio.
Exposición “Decora a túa máscara”
Fotografía de avó e neta: Jose Carlos Díaz e Carmen Sebastián Díaz (5 anos).
Máscaras realizadas por Estefanía Lafuente Aballe, de 34 anos de idade. Na foto Estefanía está acompañada de Carmen Abale e Juan José Lafuente.
Gael Pérez Vila, de 6 anos de idade.
Grupo de maiores de AFAGA (Maiores de 60 anos de idade).
Maiores do Centro de día Navuxil.