| Sábado 18 de febreiro. 2023
| Ás 18:00 h
| Rúas da vila
O Porriño supérase este ano congregando a 14 comparsas con 1400 participantes nos desfiles do sábado 18 e o martes 21, que cos seus disfraces e coreografías farán as delicias do público.
A partir das 16:00 h queda prohibido estacionar na rúa Antonio Palacios (dende o cruce do Parque Gonzálo Ordoñez ata a rotonda) e na Avda. Domingo Bueno (dende a rotonda ata o cruce con Fernández Areal). Os cortes de tráfico realizaranse de maneira escalonada a partir das 18:00 h e afectarán a todo o percorrido.