D•Gusta Porriño 2024. Ruta de petiscos e tapas

| Venres e sábados de novembro. 2024
| De 19:00 a 23:00 h.
| Establecementos hostaleiros da vila

D•Gusta Porriño 2024. Ruta de petiscos e tapas

Organiza: Ahospor | Patrocina: Concello do Porriño | Colabora: Xunta de Galicia


A Asociación de Hostaleiros de Porriño (AHOSPOR), en colaboración co Concello do Porriño e a Xunta de Galicia, presentou hoxe unha nova edición da ruta de petiscos e tapas D•Gusta Porriño. Este evento gastronómico, que se celebrará todos os venres e sábados de novembro, comezará esta fin de semana e ofrecerá aos asistentes unha oportunidade única para gozar da rica oferta culinaria da vila.

Durante o mes de novembro, de 19 a 23 horas, os 29 establecementos que forman a ruta ofrecerán unha selección de petiscos e tapas a só 1 euro. A variedade de propostas garantirá que haxa opcións para todos os gustos, incluíndo alternativas veganas.

Como en edicións anteriores, os participantes terán a oportunidade de gañar premios. Por cada petisco ou tapa que proben, recibirán un selo no seu “pasaporte” especial. Ao completar catro selos, entrarán no sorteo dun bono de 500 euros e 10 bonos de 50 euros para gastar na hostalería e o comercio local do Porriño. Cantos máis selos consigan, máis oportunidades terán de gañar.

A ruta D•Gusta Porriño consolidouse como un importante dinamizador da economía local. Cada ano, miles de persoas participan, impulsando tanto a hostalería como o comercio.


Hostalería participante

  1. A Francachela (Praza Central, 2)
    Ovo roto con patacas e lascas de chourizo
  2. Ácrono (Avda. de Galicia, 8)
    Pizza vegana ou pizza york/queixo/cheddar
  3. Adega de Montero (Rúa Pinar, 13)
    Currichiño repeinado nas berzas
  4. Argentino 2 (Rúa Antonio Palacios, 42)
    Selección de pizzas
  5. Bar Liceum (Rúa Ramón González, 16)
    Spike Liceum
  6. Cafetería El Sol (Rúa Antonio Palacios, 46)
    Bocatín de lombo e queixo
  7. Cafetería Platinum (Rúa Antonio Palacios, 95)
    Canciño quente
  8. Chicoria Ultramarinos (Rúa Manuel Rodríguez, 6)
    Queixos artesáns
  9. Chocolatería Cocoa (Rua Fernández Areal, 20)
    Pancake burger bite
  10. Cólleo con Pinzas (Rúa Leandro Diz, 2)
    Pinchorriño
  11. Come & calla (Praza 8 de marzo)
    Sándwich mexicano
  12. El Cincuentaicinco (Rúa Ramón González, 55)
    Tosta 55
  13. El Pincho (Rúa Pinar, 7)
    O pincho do Pincho
  14. El Rincón de Suga (Praza 8 de marzo)
    Mini burger con pataca palla
  15. En xogo (Praza 8 de marzo)
    A carrillera de Mari
  16. Hostal bo camiño (Avda. Domingo Bueno, 43)
    Mini arepa rechea con polo desmechado
  17. Hotel Parque (Praza do Cristo, s/n)
    Mini cazola de callos á galega
  18. La Bendecida (Rúa Antonio Palacios, 36)
    Mexican burgers
  19. La Bici (Rúa Pio XII, 10)
    Bocatín La Bici
  20. La Cueva (Rúa Ramón González, 15)
    Piquillo recheo
  21. Origen Café (Praza Arq. Antonio Palacios, 5)
    Milfollas
  22. Paso a Nivel (Rúa Progreso, 1)
    Ovos rotos con zorza
  23. Pinzas burguer (Rúa Parque Infantil, 37)
    Burger pulled pork
  24. Saspi (Rúa Manuel Rodríguez, 13)
    Bocatín Saspi: xamón ao forno con cebola caramelizada e queixo
  25. Scala (Rúa Domingo Bueno, 4)
    Arroz con luras
  26. Treinta y Tau (Rúa Domingo Bueno, 8)
    Mini bocata de xamón asado con queixo
  27. Underground (Avda. Domingo Bueno, 3)
    Taco de cochinita pibil
  28. Xantar de Pepa (Camiño Fontevella, 2)
    Pinpepa
  29. Zentral (Praza Central, 3)
    Petisco zentral


D•Gusta Porriño 2024. Ruta de petiscos e tapas


D•Gusta Porriño 2024. Ruta de petiscos e tapas
Click na imaxe para ampliar

D•Gusta Porriño 2024. Ruta de petiscos e tapas



Cabecera-web-ecultura.png