| Venres e sábados de novembro (dende o 31 de outubro). 2025
| De 19:00 a 23:00 h.
| Establecementos hostaleiros da vila

Organiza: Ahospor | Patrocina: Concello do Porriño | Colabora: Xunta de Galicia
A Asociación de Hostaleiros de Porriño (AHOSPOR), en colaboración co Concello do Porriño e a Xunta de Galicia, presentou hoxe unha nova edición da ruta de petiscos e tapas D•Gusta Porriño. Este evento gastronómico, que se celebrará todos os venres e sábados de novembro, comezará xa o 31 de outubro e ofrecerá aos asistentes unha oportunidade única para gozar da rica oferta culinaria da vila.
Durante o mes de novembro, de 19 a 23 horas, os 32 establecementos que forman a ruta ofrecerán unha selección de petiscos e tapas a só 1,5 euros. A variedade de propostas garantirá que haxa opcións para todos os gustos, incluíndo alternativas veganas.
Como en edicións anteriores, os participantes terán a oportunidade de gañar premios. Por cada petisco ou tapa que proben, recibirán un selo no seu “pasaporte” especial. Ao completar catro selos, entrarán no sorteo dun bono de 500 euros e 10 bonos de 50 euros para gastar na hostalería e o comercio local do Porriño. Cantos máis selos consigan, máis oportunidades terán de gañar.
A ruta D•Gusta Porriño consolídase como un importante dinamizador da economía local. Cada ano, miles de persoas participan, impulsando tanto a hostalería como o comercio.
Hostalería participante
- A Francachela (Praza Central, 2)
Patacas tella con salsa, acompañadas de ovo e chourizo cantimpalo e anaco de pan do Porriño - Ácrono (Avda. de Galicia, 8)
Pizza vegana – pizza da semana - Argentino 2 (Rúa Antonio Palacios, 42)
Selección de pizzas - Bar Liceum (Rúa Ramón González, 16)
Pincho Liceum - Baraka (Avda. Domingo Bueno, 56)
Kikiriki no seu niño - Bo camiño (Avda. Domingo Bueno, 43)
Ensaladilla con polbo - Café La Paix (Rúa Antonio Palacios, 5)
Arroz caldoso - Camino De Santiago (Os Eidos, 16, Atios)
Puré de pataca con vieira - El alambre del abuelo (Rúa Granxa Malladoura, 16)
+ Arriba dos Aloques - El Pincho (Rúa Pinar, 7)
Pasapalos El pincho - El Cincuentaicinco (Rúa Ramón González, 55)
Pincho Elcincuentaicinco - Hotel Parque (Praza do Cristo, s/n)
Tosta de champiñóns ao allo - La Bendecida (Rúa Antonio Palacios, 36)
Pan brioche pulled pork con cebola encurtida e salsa de queixo - La Bici (Rúa Pio XII, 10)
Bocatín La Bici - La Bombonera (Avda. de Galicia, 34)
Pelota Bombonera - La Cueva (Rúa Ramón González, 15)
Pementos do piquillo recheos - La de Sandra (Rúa Ramiranes, 15)
Bocatín de Sandra - La vinoteca (Rúa Pinar, 13)
Currichiño repeinado nas berzas - Origen (Praza Arq. Antonio Palacios, 5)
Poupetas - Paso a Nivel (Rúa Progreso, 1)
Ovos rotos con zorza - Pinzas (Rúa Leandro Diz, 2)
Mini tortilla de pataca, cebola caramelizada e queixo de tetilla - Pinzas burguer (Rúa Parque Infantil, 37)
Bocata Pinzas - Platinum (Rúa Antonio Palacios, 95)
Canciño quente - Rincón de Suga (Praza 8 de marzo)
Sorpresa Rincón - Saspi (Rúa Manuel Rodríguez, 13)
Bocatín de xamón ao forno, con cebola caramelizada e queixo tetilla, acompañado de patacas tella - Scala (Rúa Domingo Bueno, 4)
Albóndegas con arroz - Sekretos (Rúa Ramón González, 47)
Pincho Sekreto - Sol (Rúa Antonio Palacios, 46)
Bocatín de lombo con queixo - Treinta y Tau (Rúa Domingo Bueno, 8)
Mini bocadillo de xamón asado con queixo - Underground (Avda. Domingo Bueno, 3)
Taco de cochinita pibil - Xantar de Pepa (Camiño Fontevella, 2)
Lombo de sardiña afumado con pementos confeitados sobre tosta de pan do Jandaya - Zentral (Praza Central, 3)
Pincho Zentral



