| Venres e sábados de novembro. 2026
| De 19:00 a 23:00 h.
| Establecementos hostaleiros da vila

Organiza: Ahospor | Patrocina: Concello do Porriño | Colabora: Xunta de Galicia
A Asociación de Hostaleiros de Porriño (AHOSPOR), en colaboración co Concello do Porriño e a Xunta de Galicia, presenta unha nova edición da ruta de petiscos e tapas D•Gusta Porriño. Este evento gastronómico, que se celebrará todos os venres e sábados de novembro, ofrecerá aos asistentes unha oportunidade única para gozar da rica oferta culinaria da vila.
Durante o mes de novembro, de 19 a 23 horas, os 30 establecementos que forman a ruta ofrecerán unha selección de petiscos e tapas a 1,5 euros con consumición, ou 2 € sen consumición. A variedade de propostas garantirá que haxa opcións para todos os gustos, incluíndo alternativas veganas e sen glute.
Como en edicións anteriores, os participantes terán a oportunidade de gañar premios. Por cada petisco ou tapa que proben, recibirán un selo no seu “pasaporte” especial. Ao completar catro selos, entrarán no sorteo dun bono de 500 euros e 10 bonos de 50 euros para gastar na hostalería e o comercio local do Porriño. Cantos máis selos consigan, máis oportunidades terán de gañar.
A ruta D•Gusta Porriño consolídase como un importante dinamizador da economía local. Cada ano, miles de persoas participan, impulsando tanto a hostalería como o comercio.
Hostalería participante
- A Francachela (Praza Central, 2)
Patacas tella con salsa, acompañadas de ovo, chourizo cantimpalo e un anaco de pan do Porriño - Argentino 2 (Rúa Antonio Palacios, 42)
Selección de pizzas - Bar Liceum (Rúa Ramón González, 16)
Mar ou terra - Baraka (Avda. Domingo Bueno, 56)
Caldeirada de pescada - Bo camiño (Avda. Domingo Bueno, 43)
Vieira á prancha con puré de patacas - Café La Paix (Rúa Antonio Palacios, 5)
Cachorro La Paix - Camino De Santiago (Os Eidos, 16, Atios)
Ensaladilla con polbo e mexillóns con torradas de pan de allo - El alambre del abuelo (Rúa Granxa Malladoura, 16)
Papillota de solombo - El Patio (Rúa Servando Ramilo, 26)
Pincho el patio - El Pincho (Rúa Pinar, 7)
O pincho roll - Estación 57 (Rúa Molinos, 13)
Dúo con flow: torradas variadas. Opción de pincho sen glute - Hotel Parque (Praza do Cristo, s/n)
Mini albóndega en pan francés - La Bendecida (Rúa Antonio Palacios, 36)
Pincho el bendecido - La Bici (Rúa Pio XII, 10)
Bocadiño La Bici - La Bombonera (Avda. de Galicia, 34)
Bocadiños Bombonera - La Cueva (Rúa Ramón González, 15)
Pementos do piquillo recheos - La de Sandra (Rúa Ramiranes, 15)
Bocadiño de Sandra - La guarida (Avda. de Galicia, 8)
Guarizza - La vinoteca (Rúa Pinar, 13)
Venres currichiño, sábado espetiño - Paso a Nivel (Rúa Progreso, 1)
Opción 1: Taco galego de carrillera adobada en zorza, con tetilla e maionesa de Padrón
Opción 2: Ovos rotos con mechada de carrillera adobada en zorza, patacas e ovo (sen glute) - Pinzas (Rúa Leandro Diz, 2)
Pulled pork en pan brioche - Pinzas burguer (Rúa Parque Infantil, 37)
Patacas gajo con cheddar e jalapeños - Platinum (Rúa Antonio Palacios, 95)
Cachorro quente - Saspi (Rúa Manuel Rodríguez, 13)
Bocadiño de xamón ao forno, con cebola caramelizada e queixo de tetilla, acompañado de patacas tella - Sekretos (Rúa Ramón González, 47)
Pincho Sekreto - Sol (Rúa Antonio Palacios, 46)
Bocadiño de lombo con queixo - Treinta y Tau (Rúa Domingo Bueno, 8)
Mini bocadillo de xamón asado con queixo - Underground (Avda. Domingo Bueno, 3)
Taco de cochinita pibil, sen glute. Opción de pincho vegano - Xantar de Pepa (Camiño Fontevella, 2)
D•Gusta Pepa - Zentral (Praza Central, 3)
Mini hamburguesa Zentral



