Día da Árbore 2023

| Martes 21 de marzo. 2023
| De 11:00 a 13:00 h
| Parroquia de Chenlo
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño

Día da Árbore 2023

Concellería de Educación e OMIX do Porriño


O Día Internacional dos Bosques, o Día Mundial da Árbore e anteriormente o Día Mundial dos Bosques foron inicialmente unha recomendación do Congreso Forestal Mundial que se celebrou en Roma en 1969. Esta recomendación foi aceptada pola Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación en 1971. O día elixido foi o 21 de marzo, que coincide co inicio da primavera no hemisferio norte e co do outono no hemisferio sur. Ano tras ano, cada país celebra o Día da Árbore realizando actividades para promover a importancia de conservar e rexenerar bosques e árbores.

O Día da Árbore (21 de marzo) é unha data que lembra a importancia de protexer as superficies arboradas como forma de garantir que a vida no noso planeta siga sendo posible, e que é fundamental que as administracións apliquen medidas e políticas que contribúan a frear os efectos do cambio climático e da explotación forestal indiscriminada.

Considéranse os pulmóns do planeta. As árbores e os bosques purifican o aire e axudan a regular o clima. A súa importancia e impacto sobre o medio ambiente teñen un valor incalculable.

Dende a Concellería de Educación e a OMIX cremos firmemente na importancia da educación ambiental para que as administracións e os axentes sociais sumen esforzos para mellorar e preservar o medio ambiente. Ao plantar unha árbore contribúese á protección do medio ambiente, polo que conmemoramos este día realizando unha actividade de repoboación forestal na parroquia de Chenlo, co alumnado dos centros educativos do noso concello.

Nesta ocasión participarán na actividade os/as escolares que cursan 3º de Educación Primaria na nosa vila o alumnado de Aceesca e do CEIP de Mosende, que fan un total de 222 participantes.


Obxectivo xeral

O obxectivo xeral desta actividade é concienciar os/as nosos/as escolares sobre a importancia das árbores na vida do planeta e sobre a necesidade de preservar o medio ambiente, e facerlles ver que estes heroes verdes contribúen a reducir a contaminación ambiental e climática xerada polo ser humano; protexen o solo e son fundamentais para acadar un desenvolvemento sostible, sendo imprescindibles para a vida.

Na actividade abordarase especificamente o papel fundamental que as árbores xogan na conservación do medio ambiente: liberan osíxeno e transforman o dióxido de carbono (CO2) en biomasa, reducindo o efecto invernadoiro. Son reguladores dos ciclos hidrolóxicos, contribuíndo a evitar inundacións. Evitan a erosión do solo, favorecendo o desenvolvemento da agricultura. Constitúen o hábitat de especies de plantas, aves, mamíferos, réptiles e anfibios. Nas zonas da selva contribúen a un ambiente húmido. Contribúen a regular o clima, reducindo os efectos do cambio climático xerado principalmente polo home. Son unha fonte de materia prima para a produción de medicamentos, alimentos, papel, combustible (madeira e carbón), fibras e outros materiais naturais como cortiza, resinas e caucho.


Curiosidades

  • Segundo un estudo recente (publicado polo Journal of Sustainable Forestry) hai 60.065 especies de árbores no noso planeta.
  • Segundo as especies, as árbores desenvólvense plenamente aos 40 ou 50 anos.
  • En zonas ou rexións frías gardan roedores e aves.
  • En todo o mundo, preto do 78% dos bosques primarios foron destruídos por mans humanas e o 22% restante viuse afectado pola tala.
  • O 12% dos bosques do mundo están destinados á conservación da diversidade biolóxica.
  • Estímase que os bosques constitúen un reservorio de carbono vital, acumulando unhas 289 xigatoneladas deste elemento.
  • Ocupan grandes superficies que alcanzan o 28,5% do territorio, con excepción da Antártida e Groenlandia.
  • A metade dos bosques do mundo sitúanse nos trópicos e o resto en zonas temperadas e boreais.
  • Europa e América do Sur teñen a maior superficie forestal, seguidas de América do Norte e África.
  • A deforestación de bosques e árbores produce o 15% das emisións anuais de CO2 en todo o mundo, superando as xeradas polos vehículos, barcos e outros medios de transporte.

Concellería de Educación do Concello do Porriño OMIXCabecera-web-ecultura.png