Día da Mundial da Auga 2023

| Mércores 22 de marzo. 2023
| De 11:30 a 13:00 h
|
Pavillón Municipal dos Deportes » ver mapa
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño

Día da Mundial da Auga 2023

Organizan: Concellería de Educación e OMIX do Porriño


A Concellería de Educación e a OMIX do Porriño organizan co alumnado dos centros educativos do Porriño, a actividade educativa que levará a cabo o FCC Aqualia Consorcio de Augas do Louro o mércores 22 de marzo no Pavillón Municipal do Deportes do Porriño de 11:30 a 13:00 h, para conmemorar o Día da Auga 2023.

A relación de actividades que realizara o alumnado cos monitores (trasladada pola entidade organizadora) é a seguinte:

  • Entrada dos rapaces.
  • Presentación institucional.
  • División do alumnado.
  • Presentación do Día da auga. Ciclo e importancia.
  • Xogos educativos:
    1. Vinculación da auga coa túa tarxeta: porque é importante a auga para….?.
    2. Podo tirar polo sanitario…?. Xogo con 3 pelotas.
    3. A depuración da auga nunha EDAR. Proceso: entrada da auga – filtro de gravas – filtro de areas – bioloxico – UV – saida da auga.
    4. O meu compromiso coa auga.
    5. Proba do cloro.
  • Despedida.

Participan nesta actividade os centros educativos: CEIP Antonio Palacios, CEIP da Ribeira, CEIP Xosé Fernánadez López, CEIP de Atios, CEIP da Cruz-Budiño, CPR Hnos. Quiroga, CPR Sto. Tomás, co alumnado de 4º de EP e alumnado de Aceesca.

O total de participantes é de 198 alumnos/as.


Cabecera-web-ecultura.png